Noticias‎ > ‎

Campionato de España de Ximnasia de Trampolín

publicado a la‎(s)‎ 8 dic. 2017 6:28 por Pilar Iglesias


Ao Campionato de España de Trampolín (12-14 de outubro) o Club presentaba 27 ximnastas: 10 en nivel Base e 16 en nivel Elite, repartidos entre as distintas categorías.

No nivel Base hai que destacar os resultados de Xiana Blanco Cidón: subcampiona de España Trampolín Base1, Raquel Mayo García que se convertiu na campiona de España en Trampolín Base 2 e o equipo de Base de Trampolín composto por Oihane Manso, Ainhoa Crestelo e Raquel Mayo que quedou subcampión de España en Trampolín.

No Nivel Elite o CXP clasificuou 14 ximnastas para finais e rematou a competición con varios podios: Claudia Branco Cidón proclamouse subcampiona de España en Trampolín e bronce en Minitramp; Mateo Rodríguez foi campión de España en Dobreminitramp e bronce en Minitramp; Pedro Castaño Garrido subcampión de España en Dobreminitramp; Marta Rodríguez Cancio, campiona de España en Dobre Minitramp; María Salas Cid acadou o bronce en Dobre Minitramp e en Trampolín; Noa Puente-Dod Álvarez subcampiona de España en Trampolín. A parella de Sincronismo de María Fujú García Varela e Marta Rodríguez Cancio foron tamén subcampionas de España mentras que a parella de María Salas Cid e Noa Puente-Dod Álvarez acadaron a medalla de bronce.

Por equipos o equipo Pavillón Absoluto composto por : Luca Domuro Arias, Daniel Fernández Méndez, Guillermo García Varela e Nicolás Cid Rancaño proclamouse subcampión de España en Trampolín.

Parabéns a ximnastas, adestradores e adestradoras polo magnífico traballo.



Comments