Inicio

PRAZAS LIMITADAS!!
CAMBIO DE DATA da VISITA Ó OAC (ver sección de novas)

Encadrado no programa de cursos de verán da Universidade da Coruña, o  curso de Introdución á Astronomía Visual e Fotográfica persegue contribuír a recuperar e propagar o coñecemento dos ceos nocturnos e estimular o interese dos asistentes pola observación astronómica.

Partindo do máis básico, coma a localización dos puntos cardinais ou o recoñecemento de constelacións e planetas, trataremos tamén de elementos de mecánica celeste coma, por exemplo, as fases lunares ou os eclipses, de fenómenos coma as auroras, de exploración planetaria,... e revisaremos as teorías cosmolóxicas máis aceptadas pola comunidade científica hoxe en día.

Terá lugar do 17 ó 21 de Xullo de 2017 na Facultade de Informática do Campus de Elviña, con sesións no Planetario da Casa das Ciencias e no Observatorio Astronómico de Cotobade.

                                                 
                                             Astronomía

 a ciencia que se ocupa do estudo dos corpos celestes do universo, incluídos os planetas e os seus satélites, os cometas e meteroides, as estrelas e a materia interestelar, os sistemas de materia oscura, estrelas, gas e po chamados galaxias e os cúmulos de galaxias."

"É unha das pocas ciencias nas que os afeccionados aínda poden desempeñar un papel activo."