Esta tarefa parte dunha suxestión feita por dúas nais de alumnos de 5º que se encargan de pintar os muros exteriores do recinto do centro. 1. A Proposta: Antes de comezar presentamos unha carta que vén de chegar ao cole na que as nais lles piden axuda aos nenos e nenas para pintar o muro que está a carón da pista de fútbol. Este é o documento no que se expón á proposta: 2. Mans á obra: Organizados por grupos cooperativos, comezamos a pensar en como solucionar a petición. Os grupos vén necesario baixar a medir o muro para calcular canta pintura se precisa mercar. Para isto empregaron diversos métodos como dar pasos ou utilizar regras pero finalmente parece que o mellor son as cintas métricas que tiñamos na aula. E apuntan os datos e o procedemento para calcular a zona do muro que irá pintada. 3. Comezamos á resolver operacións: Cada grupo comeza a obter respostas: - Por exemplo, o equipo Los diamantinos moradosa elabora unha maqueta do muro que lle sirva de referencia visual: 4. Parece que varios grupos xa teñen a solución: Será tan sinxelo? Algúns grupos din que xa teñen o problema resolto. Outros decátanse de que precisan coñecer máis datos e pídenlle á Antón e Anxo se lle poden comunicar as nosas necesidades. Mesmo algún baixa a preguntar a Paco polo prezo dos botes de pintura. Mentres agardamos polos datos, comezamos á posta en común dos grupos que din que xa o resolveron: En sexto, observamos na posta en común:
5. Comezamos a percatarnos de que necesitamos traballar as superficies: A maioría de equipos suman lonxitudes e alturas, multiplícannas por dúas e obteñen un resultado. - Uns mediron 20m e outros 20,15 m. Como pode ser? Somos exactos? Que problemas houbo? - Outros converten un resultado de metros a litros de pintura. Como é posible? - Uns chámanlle a un lado largo e outros ancho. Pero con qué estamos a traballar? Adonai dí que nós non sabemos calcular superficies, e logo ... Como se calcula unha superficie? Que é un metro cadrado? Medindo o muro cun metro cadrado 6. Volvimos a medir o muro de forma exacta e calculamos entre todos e todas a superficie: Como as nosas medidas eran diferentes, entre todos e todas fomos de novo a medir o muro. Fixémolo os diferentes grupos para contrastar as medidas. Volvendo a medir o muro para ser precisos/as Xa cos datos correctos, fixemos o cálculo da superficie. Este foi o proceso: ENGADIR PROCESO Tomando en conta os novos datos, seguimos calculando para dar a resposta que nos piden: TEMOS A SOLUCIÓN |
Propostas didácticas >