Página principal

CONTO POPULAR INFANTIL PORTUGUESA

            Érase unha vez un home que adoraba os animais, en especial os seus cans, queríaos tanto que non era quen de se separar deles. Tanta era a súa necesidade de telos preto que se lle facía moi difícil estar toda a misa sen velos, polo que un día mentres os paseaba, decidiu acercarse ata a igrexa e escoitar a liturxia.

            Os animais, que estaban moi ben educados entraron sen facer ruído e ó sentarse o seu amo, eles deitáronse ós seus pés. Todo foi ben ata que o sacerdote reparou no home e nos cánidos que o acompañaban, e nese momento olvidando que se atopaba dando o seu sermón habitual,  e cheo de carraxe díxolle ó pobre home que sacara de alí aquelas criaturas. O home non viu ningunha outra saída que non fose a de sacar os cadeliños da ermida pero debido ó seu cariño cara a eles, el tamén marchou.

            Pero a súa mala sorte aínda non rematara. Pouco despois de abandonar o lugar santo comezou a chover. Ó princio era pouco máis que unha débil poalla pero durante o camiño de regreso e pouco a pouco foise convertendo nunha verdadeira treboada; tan forte chovía que acabou fórmandose ó comezo unha pequena corrente que foi collendo forma ata rematar transformándose nunha riada que asolagaba a edificación máis cercana. O home entre a súa forza, a súa vontade e facendo de tripas corazón foi avanzando pouco a pouco pero os seus animais por moito que se esforzaban en nadar contracorrente rapidamente acabaron esgotados, deixándose levar pola corrente e afogando lentamente. O señor, cando se deu conta, só vía os cadáveres dos seus máis fieis amigos indo polo río abaixo, e el esquecendo o seu destino e seguindo o seu instinto comezou a correr, con gran dificultade pola auga, tras eles.

            Cando por fin deixou de chover e a corrente de auga se fixo menos forte, atopou os corpos sen vida entre as árbores e queixándose da súa decisión de asistir á misa e coas bágoas esvarándolle pola cara comezou a escavar na terra húmida co fin de darlles sepultura. Pouco despois de rematar a súa tarefa e mentres pregaba o ben estar daqueles compañeiros seus no máis alá, ata que comezou a escoitar un ruído moi baixo, case un murmurio, pero que paulatinamente foi medrando ata ser tan intenso que case lle danaba os oídos. Cando logrou identificar aquel son case se desmaia da ledicia. Como puido tardar tanto en recoñecer os laios do que el máis quería? Procedeu rapidamente a retirar a lameira de enriba dos corpiños cuns rabiños que se movían rapidamente e que o miraban cuns olliños que mostraban queixa e felicidade ó mesmo tempo. Parecía que a súa fortuna acababa de cambiar e de verdade espero que lles dure moito, meréceno.

 

            Cintia Cabada Malvar 3º C da E.S.O. Nº5
 

IRENE de Couso(Campo Lameiro) de 45 anos ensínanos unha oración e lembra como quitaban o mal

de ollo

Para

o mal de ollo recorda que botaban un cardo enriba da casa a véspera de San Xoán antes de que

se metera o sol. Se xa había alguén afectado por este mal afumábanse con herbas benditas durante

sete días mentres pronunciaban as seguintes palabras:

“Eu e a casa e todo o que nela existe afumámonos con herbas benditas para que dela saia o mal e

Deus nos aumente o bo. Loureiro que fuches nacido e non fuches plantado quítalle o aire do defunto

e dos vivos excomungados. Marcha envexa, non volvas aquí, onde naceu Cristo morra o mal e viva

Cristo antes de que este mal sexa visto, un Noso Pai e unha Santa María.

Oración

Noso Pai pequeniño lévanos por bo camino. Alá fun alá cheguei, tres Marías encontrei preguntando

por Xesús e Xesús está na cruz, ou na cruz ou no altar, cos peíños a sangrar chamando por

Magdalena que llos viñera limpar.

“Tente Madalena tente, non mos veñas lastimar, que estas son as cinco chagas que por ti hei de

pasar, pequeniñas e grandiñas todas as hei de salvar como herbiñas hai nos campos e areíñas hai no

mar.