BIBLIORRATO QUERE SABER...

       

Como sabedes  este verán non me quedei na Bibioteca do cole, senón que logo de escoitarvos a vos falar e falar das cousas que pasan fora eu tamén quixen vivir por algún  tempo polos lugares dos que vos oín falar.

Durante todo o verán fun dun lado noutro, seguro que estiven moi preto da túa casa, e ti nin te decataches. Pois ben... estiven ben atento a todo o que oía, porque quería aprender o máis posible sobre este pobo no que vivimos e non me deu tempo a aprender todo o que eu quixera... E agoa vos poderíadesme axudar?


        Se me axudades e conseguides acabar coa miña curiosidade sobre Santa Comba, seguro que ao final atoparei algo para agasellarte.Se miras nas seguintes páxinas, verás as preguntas que ainda me quedan sen resolver. Por cada pregunta acertada os mestres da biblio daranche un cromo co nome de dunhas das parroquias do concello, cando as teñas todas presenta o teu álbum de cromos totalmente cuberto para cambialo polo teu agasallo.

Ánimo, comeza xa a contestar preguntas e completa o teu álbum!!!!


MAPA DE SANTA COMBA

http://maps.google.es/maps?hl=es&gl=es&ie=UTF8&ll=43.0477,-8.814226&spn=0.227813,0.441513&z=11
Subpáginas (1): AS PREGUNTAS DE BIBLIORRATO