Xustifícase a importancia das actividades complementarias e extraescolares partindo da premisa que considera unha educación de calidade aquela que responde ás novas demandas sociais de modo eficaz e proporciona non só un incremento da súa calidade de vida, senón tamén igualdade, xustiza e oportunidades para todos. Neste contexto é no que se foi recoñecendo a contribución das actividades complementarias e extraescolares para lograr unha formación plena dos alumnos/ás.

Por outra parte, este tipo de actividades permite unha maior participación da comunidade educativa na xestión, organización e realización das actividades, desenvolvendo valores relacionados coa socialización, a participación e a cooperación.

Este tipo de actividades promoven no alumno un sentimento de pertenza ao centro e ao grupo, axudan a conseguir que adquiran unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre, favorecendo a autoestima nunha serie de alumnos e alumnas que nas materias escolares van mal e que moitas veces as actividades extraescolares lle dan a oportunidade de destacar respecto aos seus compañeiros e compañeiras de xeito positivo.

Hoxe en día é fundamental mellorar as relacións entre alumnos e alumnas e axudalos a adquirir habilidades sociais e de comunicación. Para conseguir este obxectivo as actividades extraescolares e complementarias son unha forma distinta á formal de clase de conseguilo e promovelo.

Cada vez máis é necesario promover un tipo de actividades que favorezan a sensibilidade, a curiosidade, a creatividade así como as actividades culturais e deportivas para que os nosos alumnos e alumnas amplíen o seu horizonte cultural, sobre todo estando situado o noso centro nunha zona rural onde a oferta de actividades culturais alleas ao centro son moi limitadas. É a nosa prioridade ampliar o horizonte cultural dos nosos alumnos e alumnas.

Por todo iso, estas actividades deben ter o seu lugar dentro da vida do noso Centro educativo, integrándose axeitadamente no conxunto das actividades educativas e facilitando a participación dos distintos sectores da comunidade educativa na elección, organización, desenvolvemento e avaliación das actividades complementarias e extraescolares. e consideran:

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS as organizadas durante o horario escolar de acordo co Proxecto Curricular e que teñen un carácter diferenciado das propiamente lectivas, polo momento, o espazo ou recursos que utilizan.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES as encargadas de potenciar a apertura do Centro ao seu ámbito e a procurar a formación integral do alumno en aspectos referidos á ampliación do seu horizonte cultural, a preparación para a súa inserción na sociedade ou o uso do tempo libre. Estas realizaranse fóra do horario lectivo, terán carácter voluntario para o alumnado e buscarán a implicación activa de toda a comunidade educativa. A organización e coordinación deste tipo de actividades correrán a cargo da comisión de Actividades Complementarias e Extraescolares que este curso está constituído por:

José R. Juíz Rodríguez. Óscar Rodríguez Fernández. Jose Jorge Valcarcel García. Brais Pereira Rodríguez. Carlos Rodríguez Nogueiro. Pablo Blanco Losada. 

COORDENADORES Óscar Blanco (Actividades Complementarias) e José R. Juíz (Actividades Extraescolares)

SelectionFile type iconFile nameDescriptionSizeRevisionTimeUser