Exemplificacións de proxectos

Prox  

Proxectos para educación secundaria



Experiencia: trabajo cooperativo interdisciplinario Matemáticas / Ciencias  (IES Celestí Bellera, Granollers, Barcelona). (pdf, 6.2 Mg)

Experiencia de traballo cooperativo interdisciplinario con 90 alumnos/as de 1º de ESO.



Proyectos de centro: un trabajo en equipo (IES Salvador Victoria, Teruel) Con alumnado de 4º de ESO  (Presentación en Slideshare, 36 diapositivas)


. Experiencia conxunta desde tres áreas ( Xeografía e Historia, Lingua e Literatura e, Matemáticas) coa lectura dun libro como eixo común (Arredor do Señor do Cero)
. Gran grupo de profesores de forma voluntaria dirixen traballos de investigación con alumnado de diferentes niveis sobre diferentes temas ao longo de tres cursos (Investigo e cóntoo)
. Todo o centro participa nun programa de lectura promovido polo Grupo de Biblioteca (Hora de lectura)






Proxectos para Educación Primaria



Proyectos aula-biblioteca. Contribución al desarrollo de las competencias básicas. Proxecto Eureka, CEIP Atenea, Málaga. (pdf, 1.5 Mg)



Autoras: CID PROLONGO, Ana y DOMÍNGUEZ RAMOS, Ana María
Publicación: Málaga, Junta de Andalucía, Consejería de Educación, Delegación Provincial, 2008
Páginas: 80
Depósito Legal: MA-852/2003
ISSN: 1696-7895


Ver especialmente páxinas 37 a 56 (Proxecto Eureka). O proxecto Eureka ten como centro de interese os deuses gregos, e utiliza a metodoloxía básica de proxectos de Wray e Lewis. Moi interesante!

A primeira parte dedícana a explicar o marco teórico que sustenta o traballo por proxectos aula-biblioteca. Na segunda presentan tres experiencias de traballo realizadas nos distintos ciclos da educación primaria (Proxectos “Eureka”, “Sobre bruxas, lendas e cabazas. Halloween” e “O meu libro de Andalucía”) e que seguen as fases dos proxectos documentais planificados nunha secuencia didáctica.

Con estes traballos as autoras enfatizan no papel da biblioteca escolar como centro de recursos de apoio ao currículo e na súa importante contribución ao desenvolvemento das competencias básicas. Consideran requisito esencial xerar ambientes de confianza á hora de traballar proxectos aula-biblioteca, outorgando valor aos aspectos emocionais. Por outra parte, recalcan a necesidade de llevar a cabo unha aprendizaxe situada que varíe en función das características do centro, dos coñecementos do alumnado sobre o tema investigado, dos recursos que se utilizan, dos coñecementos que se xeran, sen que xamais haxa un proxecto igual a outro, aínda tratando un mesmo centro de interese.

Recollida da páxina de Junta de Andalucía - Biblioteca Escolar




Proxecto de traballo "O magosto na escola", de Azucena e Dolores Arias Correa. Para Educación Primaria. (Pdf, 171 Kb.) 








Publicación O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria, das autoras: Azucena Arias Correa, Dolores Arias Correa, María Victoria Navaza Blanco e María Dolores Rial Fernández (pdf, 4.6 Mg)

Nas páxinas 97 a 112 reúnense uns exemplos de proxectos:

. Investigamos sobre os incendios, pp. 97-103, dirixido ao alumnado de 1º curso de ESO.
. Imos elaborar tarxetas, pp. 104-109, para 1º curso de primaria.
. Coñecemos sobre os polbos, p. 110, para todos os cursos de primaria.
. Proxecto sobre o papel, p. 111
. Outros posibles títulos de proxectos, pp. 112-113



Comments