Con ollos matemáticos

Presentamos un proxecto para educación infantil de 3 a 5 anos e que leva por título Con ollos matemáticos, realizado pola mestra do CEIP A Rúa de Cangas Ana María Fernández Castro.

Neste proxecto desenvólvense unidades didácticas e proxectos matemáticos nos diferentes niveis de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) coa finalidade de avaliar a pertinencia e potencialidade da proposta didáctica construtivista en idades temperás.

No dossier adxunto descríbese exhaustivamente o proceso de realización de cada unha das actividades. De tódolos xeitos, de seguido farei unha relación das actividades desenvolvidas:

   Relación de actividades para Educación Infantil 3 anos:

   •   Queremos chegar ata o teito!!
   •   Cantos cintos de superheroe teño que recortar?
   •   Xogamos ós bolos

   Relación de actividades para Educación Infantil 4 anos:

   •   O bigote máis longo do mundo
   •   Canto marca o termómetro cando estamos enfermos/as?
   •   Canto pesa o millo corvo que debullamos?

   Relación de actividades para Educación Infantil 5 anos:

   •   Cal é o número de zapato da profe Ana?
   •   Canto medirá o pelo da muller chinesa?
   •   Solucionamos un problema cotiá
   •   Inventamos un problema a partir dun debuxo
   •   Fai moito frío!!
   •   Canto medimos?
   •   Canto lixo recollimos do patio de recreo?
   •   Para que serven os números?

SelectionFile type iconFile nameDescriptionSizeRevisionTimeUser
Ċ
Ver Transferir
  3414k v. 1 27/01/2009, 02:39 Xose Vidal
Ċ
Ver Transferir
  4872k v. 1 18/02/2009, 04:10 Xose Vidal
Ċ
Ver Transferir
  4748k v. 1 18/02/2009, 04:12 Xose Vidal
Ċ
Ver Transferir
Memoria do proxecto Con ollos matemáticos  193k v. 1 26/01/2009, 12:12 Xose Vidal
Comments