Colexio Quintela-Moaña

 
 
 


EDIFICIO PRINCIPAL:
 
 
 
AULAS:



PAVILLÓN ESCOLAR:
  


PISTA POLIDEPORTIVA
 

EDIFICIO EDUCACIÓN INFANTIL:
 



   




BIBLIOTECA ESCOLAR:




PATIO:
 







PROFESORADO

 

O CEIP de Quintela é  un centro con 6 unidades de Primaria e 3 de Infantil .

O colexio ten 17 profesores e 
profesoras.
As especialidades que posúen son :
Inglés,Música,Educación Física,Audición e linguaxe,Pedagoxía terapéutica, Relixión católica, Francés, Orientación, Primaria e Educación Infantil.

 

 

DISTRIBUCIÓN DE ESPACIOS E HORARIOS.

 

No edificio central están as seguintes dependencias:

- Aulas de Primaria.

- Música e audiovisuais.

-Biblioteca escolar.

-Comedor escolar.

-Aula TIC.

-Aula de Inglés.

-Despacho de Orientación.

-Aula de apoio.

-Secretaría.

-Dirección.

-Sala de profesores e profesoras.

Diante do edificio central está o pavillón escolar,e no extremo mais recollido do recinto escolar atópase o edificio de Educación Infantil,con patio propio.


Dende Educación Infantil as nenas e nenos reciben clases de Educación Física, Inglés,TIC, Música, Audición e Linguaxe e Fomento da  lectura.

Os alumnos e alumnas de Primaria reciben ademais clases de apoio para as necesidades educativas especiais,sexan de reforzo educativo ou de ampliación do currículo, segundo o caso.

Contamos con acceso a Internet en todas as aulas.

 

ACTIVIDADES

 

No centro mantemos algunhas actividades propias e comúns a todos os cursos,como son as sesións de biblioteca ou de TIC , que contan con un horario propio.

Tamén coidamos, o horto escolar,no que cada nivel ten parcela propia,onde plantamos na primavera e recollemos cando remata o curso.

Traballamos nun proxecto interdisciplinar anual,no que todas as nenas e nenos participan.

 

IDEARIO

 

O profesorado do centro comparte a convicción de que a escola debe moverse sobre catro eixos: aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a ser, e aprender a convivir.

Para conseguir os nosos obxectivos traballamos proxectos en todas as aulas, pero tamén participamos en diferentes proxectos de Innovación educativa.

Coidamos a relación coas familias, que participan no centro colaborando con nós no fomento da lectura e nos proxectos de aula.

Contamos cun equipo de nais de alumnos/as que apoian ao equipo de biblioteca con labores de mantemento da biblioteca e propostas para o fomento da lectura. Tamén temos un club de lectura de nais.




 

                                        

PREMIOS
  •  Premio Abril mes dos libros. Concedido pola Consellería de Cultura. Ano 2008
  • Blog da biblioteca escolar finalista aos Premios Espiral 2008 na categoría blogs de biblioteca.
  • Finalistas premios Irmandade do libro Federación de Libreiros de Galicia. Ano 2009
  • Premio ao fomento das competencias lectoras na rede do Ministerio de Educación (MEC) Ano 2009
  • Blog da clase se sexto finalista aos Premios Espiral 2009 na categoría blogs de aula.
  • Premio de Innovación Educativa en Normalización Lingüística "En galego pola rede" Curso 2009/2010 
  • Premio de Innovación Educativa en Normalización Lingüística "En galego pola rede II" Curso 2010/2011
  • Premio de Innovación Educativa en Normalizacón Lingüística "Moaña fala" Curso 2012/13
  • Premio do MEC as boas prácticas na biblioteca escolar 2010
  • 1º Premio Irmandade do libro 2013 concedido pola Federación de Libreiros de Galicia.
  • Premio a traballo por proxectos 2015 concedido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 
DATOS XERAIS

 

Dirección:

Quintela nº 72 Moaña-Pontevedra 36950

 

Correo colexio:
 

ceip.quintela@edu.xunta.es

 

Correo páxina web:
 

ceipquintela@gmail.com

 

Facebook: 

Ceip Quintela de Moaña

Páxinas web:
 

http://www.colexioquintela.com

 

 
Blogs de ciclo:
 
 
 
 

 

 

 
 
Teléfonos:

886110276

886110275

 


Subpáginas (1): comedor escolar