CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 17/18

 http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e axudas para material escolar.

A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

Esgotados os libros disponibles no Fondo Solidario, o Centro garantirá os libros de texto complementarios:

a)         Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros (6 libros de texto).

b)         Renda per cápita superior a 5400 euros ou inferior a 9.000 euros (4 libros de texto).

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.

Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

 

O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2017/18, cando non tivese presentado solicitude de fondo de libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

 

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axu­das para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/17.

 

A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2017/18.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e devolvelos ao rematar o curso.

En caso de que os libros non estean en bo estado, a familia terá que reembolsar o importe do/s libro/s ou restituílo/s.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 

5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Compatibilidades

Ser beneficiario/a de libros de texto procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto e material escolar será compatible con calquera outra axuda para a mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas.

Presentación de solicitudes

1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

2. A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso.

3. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferiblemente no centro docente, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

 

4. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto.

Documentación

a) Identidade. Achegará copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

b) Membros computables da unidade familiar. Achegará copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

c) Grao de discapacidade. Achegará o certificado acreditativo do grao de discapaci­dade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

d) Renda familiar. Achegará copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2015 cando non autorice a consulta telemática.

Sumarase a base imponible xeral (recadro 380) e a base impoñible de aforro (recadro395).

 

e) Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

f) Incapacitación xudicial.

Devolución dos libros de texto do curso 2016/17

 Ao rematar o curso 2016/17, o alumnado beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2017/18.

O prazo máximo para devolvelos será o 19 de xuño de 2017.

 

NOTA: Enviarase vía TOKAPP os prazos de publicación no taboleiro de anuncios das listaxes provisionais e listaxes definitivas.

 

Convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material  escolar  destinadas ao alumnado ma­triculado en 1º e 2º de EP.

A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP será a seguinte:

a) Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros:

EP (1º e 2º): 170 euros.

b) Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou infe­rior a 9.000 euros:

EP (1º e 2º): 90 euros. 

 

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.

Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axu­das para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

 

1. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

2. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

3. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de sub­vencións de Galicia.

Compatibilidades

Ser beneficiario/a de libros de texto procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto e material escolar será compatible con calquera outra axuda para a mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas.

Presentación de solicitudes

 A solicitude será única para todos os fillos, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016/17, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso.

As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferiblemente no centro do­cente utilizando o formulario (anexo I) normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

Documentación

a) Identidade. Achegará copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

b) Membros computables da unidade familiar. Achegará copia do libro de familia.

c) Grao de discapacidade. Achegará o certificado acreditativo do grao de discapaci­dade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

d) Renda familiar. Achegará copia da declaración do imposto sobre a renda correspondente ao exercicio 2015, cando non autorice a consulta telemática.

Sumarase a base imponible xeral (recadro 380) e a base impoñible de aforro (recadro395).

 

    e) Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

f) Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

O prazo recollida de vales libros e material será dende o 27 de xuño ao 30 de xuño no Centro no horario de 9h a 14h.


 

ĉ
Colexio Montesol CPR Plurilingüe,
23 may. 2017 4:59
Comments