PROXECTA "Cine en curso"

PROXECTO PRESENTADO Á CONVOCATORIA "CINE EN CURSO"
Link proxecto "Cine en Curso"

PROXECTO PRESENTADO ÓS PREMIOS DE ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL

Link proxecto "Cineando ilusiones"

        

DOSSIER PROFESORADO: Documentación-Coordinación

Link actividades de coordinación e documentación do profesorado.



DOSSIER ALUMNADO: Descrición do proceso

De seguido describimos de forma detallada todo o proceso do Proxecto Cine en curso.




Cineando ilusións

 1ª sesión de formación do profesorado

Aula de 6º,CEIP A Rúa, 11-11-13


(Conversa cos nenos/as para contarlles como foi a primeira sesión de formación do profesorado en Cine en curso)



    May, Rosana, Montse e eu contamos ós nenos/as a nosa experiencia en Cine en curso


  • Sensacións persoais: ilusionadas, con moitas ganas de aprender e de que aprendades. Vai ser unha experiencia única, marabillosa para todos/as nós.

  • Sensacións do Proxecta Cine en curso: rigurosidade, traballo ben feito, todo meticulosamente organizado e pensado, moi claras as ideas.

  • Que fixemos:

    Pola mañá...

      - Ver os documentais feitos por outros coles sobre oficios, espazos, analizando o que fixeron.

      - Contáronnos estratexias que podemos utilizar con vós para que vos vaiades empapando da linguaxe cinematográfica.

       Pola a tarde...

            -Manipulamos o material necesario para a rodaxe: micrófono, cable,                                     pértiga, cámara, trípode. Aprendemos como utilizalos con orde, moito coidado,     atención. Gravamos un plano.

            -Traballamos cun programa de edición de vídeo Adobe Premiere Pro.                     Editamos un pequeno vídeo de 3 planos sobre un ferreiro.



Expoñendo a nosa experiencia ós alumnos/as





Comezamos!!


  • Cambio de temática da rodaxe: recollendo as vosas suxestións, que expresastes no diálogo sobre as películas visionadas en Coruña, queriamos propoñervos cambiar de tema da rodaxe. Poñer en valor a memoria histórica de Cangas: “A fábrica de conservas Massó”

    Razóns:

    -Case todos seguro que tedes algún parente vinculado á conserveira.

    -Está ligada á memoria emocional de moitos cangueses, dos vosos avós.

    -Era unha fábrica moi importante a nivel estatal, innovadora.

    -Foi un motor socioeconómico moi importante para o noso pobo.

    -O seu peche supuxo para Cangas un impacto socioeconómico de grandes dimensións.

    -Hai abondantes fontes de documentación: persoas que coñecemos, fotografías, películas, o museo massó...

    -Poderemos retratar non só os traballadores/as senón un espazo social e natural de grande valor.


            Fotos antigas da fábrica Massó




  • Documentación.

    É fundamental para determinar que imos contar e a que lle imos dar importancia. É un proceso aberto, só temos que pechalo ó final, cando decidamos por consenso o que debe ser imprescindible na película. Hai que determinar:

    -Que persoas nos poden axudar. Con que persoas queremos falar e que persoas nos poden dar permisos para filmar. Presentar o proxecto ó Concello: alcalde/concelleiro de Cultura (preparar esa presentación) Ser moi respectuosos e agradecidos con estas persoas. Explicarlles que só parte do que nos digan sairá no film. Levarlles as películas que fixemos. Invitarlles a visionar a proxección.

    -Buscar libros ou documentación que teñamos na casa ou que poidamos conseguir en bibliotecas, filmotecas...

    -Fotografías persoais. Deben vir nun sobre pechado e nunha nota aparte contarnos algo  da foto. Temos que coidalas moitísimo porque son un tesouro.

       -Caderno de cine. Precisamos dun caderno que decoraremos co collage colectivo que             elaboramos para o calendario do colexio, onde gardaredes todo o relacionado con esta          temática.


       -Muro do cine. Onde reflictiremos todo o proceso.


      -Reunión de pais e nais. Para explicar en que vai consistir o Proxecta e que dean a súa            autorización para a difusión das vosas imaxes.


      -Exposición con toda a información manexada.



        Uns alumnos/as ben aplicados/as!!!!


  • Páxina web Cine en curso: http://www.cinemaencurs.org/gl

  • Blog Cine en curso: http://bloc.cinemaencurs.org/ Temos que facer unha presentación do grupo-clase. Foto grupal e/ou que cada un se faga unha foto pensando en que tema e que plano/encadre elixiría para expresar algo de si mesmo, da súa ilusión por este proxecto, de algo que lle gusta moito. Pode ser algunha que fixérades vós con anterioridade que vos parece que pode encaixar. Ocórreseme que tamén escribamos a nosa vinculación coa linguaxe audiovisual. Montaxes que fixestes de vídeo, fotografías que fixestes que para vós son especiais, copiar algunha entrada do cine do noso blog Pistóns cerebrais...




Anotando na axenda a web de "Cinema en curs"

  • Presentación Cineando ilusións: Contarlle ó alcalde e ó concelleiro de Cultura que pretendemos facer e preguntarlles como poden axudarnos. Pedirlles permiso para rodar. Preparar esa entrevista.








Cineando ilusións

Documentación, constituíndo os grupos de expertos/as

Aula de 6º, CEIP A Rúa, 18-11-2013


(Constitución dos "grupos de expertos" para iniciar a documentación)



Estes son os grupos de expertos/as que van documentarse sobre distintos aspectos relacionados coa fábrica de Massó:

  • GRUPO A: Espazo. Planos. Seccións. Instalacións.

        -Darío, Nico e Sergio.

  • GRUPO B: Proceso de produción, innovación.

        -Anira, Yanira, Néstor e Santi.

  • GRUPO C: Organigrama. Postos. Preparar entrevistas abertas para todos/as, persoas que traballaron na fábrica directamente ou estiveron dalgún xeito vinculadas a ela.
         -Antón, Ían e Rubén.
  • GRUPO D: Traballo por xénero.
         -Maia, Tania, Andrea e Luana.
  • GRUPO E: Conciliación familiar. Gardería. Economato.
         -Candela, Mario S. e Cristina.
  • GRUPO F: Condicións laborais. Salario. Xornada. Asistenta social. Pediatra. Hotel para solteiros. Casas.
         -Andrés, Álvaro e Mario N.
  • GRUPO G: O declive de Massó. Causas. Mobilizacións. Repercusións.
         -Pedro, Inés e María.




Cineando ilusións

O caderno de Cine

(Creación do caderno de Cine)



Todas as actividades relacionadas co cine que os alumnos/as levaban a cabo eran recollidas no caderno de cine: dende reflexións sobre fragmentos documentais, ideas para o guión, pautas para levar a cabo as conversas... ata comentarios sobre films visionados en clase. Varios exemplares foron expostos na estrea do documental no Auditorio de Cangas.





A libreta foi decorada co collage sobre Cine e Universo realizado para a páxina do calendario do mes de agosto, sendo nestas datas a chuvia de estrelas, as Perseidas.



Debuxando constelacións no collage colectivo para pegar no caderno de cine.




Cineando ilusións

O calendario do cine-o debuxo do cine

(Creación da ilustración do calendario de Cine e do debuxo que representa o Tema Núcleo "O Cine" )


A portada que elaboramos para o caderno de cine serviu de ilustración á folla do mes de agosto do calendario de cine que confeccionamos todo o colexio. Tamén participamos no concurso de debuxo que ilustraría o Tema núcleo este curso. Antón, un dos compañeiros de clase, fixo o debuxo gañador. 


Folla do calendario de Cine do mes de agosto


Debuxo e slogan gañadores do Tema Núcleo "O cine"




Cineando ilusións

Presentándonos no blog Cinema en curs

(Presentación da aula de 6º no blog Cine en curso)



Olaaa! Somos o grupo de alumnos e alumnas de 6º do CEIP A Rúa en Cangas do Morrazo (Pontevedra). Iniciamos a nosa andaina por Cine en curso, e non podedes imaxinar o ilusionados/as que estamos!!


Para a nosa presentación grupal, eliximos dous obxectos moi significativos para nós. Por unha parte, o collage que elaboramos colectivamente para a páxina do calendario do colexio e que serve de portada á nosa libreta de Cine en curso. Costounos moito realizalo. Primeiro buscamos a idea. Pretendiamos enlazar os dous proxectos que estamos a desenvolver no presente curso, “O Cine” e “O Universo”. Mellorámola entre todos e todas e levámola a cabo. En agosto, ¿ que mellor “chuvia de estrelas” que a dos nosos actores favoritos: Groucho,o Gordo e o Fraco e Chaplin?? O resultado para nós foi xenial. Esperamos que vos guste.



Collage Cine e universo, "A chuvia de estrelas"


Por outra banda, para que nos coñezades, tiramos unhas fotos abrigados cun paraugas moi especial, o que decoramos para o noso astrónomo favorito, Severino. Veu darnos unha charla ó colexio sobre Astronomía que foi fantástica.



Atrás: Luana, Maia, Álvaro, Inés e Candela. Diante: Darío, Yanira e Antón.


Seguindo o sentido das agullas do reloxo, María, Mario N., Sergio, Rubén, Tania, Cris, Pedro, Mario S., Andrea, Andrés, Nico, Ían, Néstor e Anira. No centro, Santi suxeitando o paraugas.



Por último pasaremos ás presentacións persoais, incluídas as mestras. Buscamos falar de nós utilizando a linguaxe audiovisual como medio de expresión. Fai clik na imaxe para velas.


                                         Foto da presentación de Inés







Cineando ilusións

Documentación, conversas.

(Pautas para levar a cabo as conversas de documentación)


Datos iniciais que debemos tomar sobre as persoas que poden colaborar connosco.






Medios técnicos que temos que preparar


  • Cargar as baterías da cámara, vídeo...a noite anterior.

  • Gravar en vídeo ou audio e sacar algunhas fotos coa persoa entrevistada.

  • Se utilizamos unha cámara de vídeo, situala nun lugar de forma que grave á persoa falando sen que teñamos que aguantala, para non cansarnos.


Antes de conversar


  • Explicar á persoa coa que imos conversar en que consiste o noso proxecto.

  • Comentarlle en que momento estamos do proxecto, que esta conversa forma parte da documentación.

  • Pedirlle se non lle importaría falarnos en galego.

  • Agradecerlle a súa colaboración.

  • Comentarlle que non todo o que gravamos vai aparecer no documental, que non é seguro que apareza el ou ela, pero si nos será útil o que nos conte.



    Durante a conversa

  • Poderiamos inciala dicíndolle: ¿Podes contarnos como foi a túa experiencia na fábrica Massó? Temos que deixalo/a falar e escoitar atentamente.

  • Se non nos fala de emocións, ó final, podemos preguntarlle como se sentía en Massó, Se non menciona o declive de Massó, podemos preguntarlle como viviu ese momento, que significou para el ou ela.

  • Tamén sería interesante preguntarlle, cando remate de contarnos, que futuro imaxina para o espazo do Salgueirón, como lle gustaría que se conservase.

   

Conversa na clase con Fina e Rosario

     Candela e Maia conversan coa tía avoa desta última





Cineando ilusións

Documentación. Traballando en grupos de expertos.

(Descrición do traballo cooperativo por grupos de expertos)


Para iniciar o traballo de documentación os pasos que seguimos foron:

- As profes propuxeron os temas.

- Constituimos os grupos de expertos.

 

 

- Cada grupo elixiu un dos temas. Ante o interese de varios grupos polo mesmo tema, houbo algúns que cederon voluntariamente. No caso no que isto non foi posible, chegouse a un consenso entre os interesados/as. A distribución é a seguinte e podedes acceder ó traballo facendo clic en cada enlace.


1. Espazo.Planos.Seccións-instalacións. Darío, Nico e Serxio.

2. Proceso de produción,innovación. Anira, Yanira, Néstor e Santi.

3. Organigrama. Postos, funcións. Antón, Ían e Rubén.

4. Traballo por xénero. Maya, Tania, Andrea e Luana.

5. Conciliación familiar. Gardería. Economato. Candela, Mario Santos e Cristina.

6. Condicións laborais. Salario. Xornada. Asistenta social. Pediatra. Hotel. Casas. Andrés, Álvaro E Mario Núñez.

7. O declive de Massó. Causas. Mobilizacións. Repercusións. Pedro, Inés e María.

 

  

 

- Na busca de información cada grupo copiaba o principio e o final dos parágrafos que lles eran útiles, indicando o libro e o nº de páxina. Ó final organizaban a información e a redactaban.

 

 




Cineando ilusións

Comentando documentais de edicións pasadas de Cine en curso


Aula de 6º, CEIP A Rúa, 22-11-2013


Comentamos o documental "Fred, fosc, gel" (Les poues de glaç)  realizado por los alumnos de 10-12 años de la Escola La Popa (Castellcir).


Posta en común do documental


1ª parte

  • Ó principio no documental non aparecen personaxes pero si imaxes e sons que nos dan informacións. O vapor da respiración fálanos do frío do inverno. O salouco, do cansanzo. O son da pa, do esforzo. O burro orneando e o carro, do traballo pesado.

  • Resumindo:

    Sen contarnos con palabras, xa sabemos que era un oficio que se facía en épocas frías; era un traballo duro; cavaban para recoller algo que transportaban tirado por un carro e un burro ou mula; pasaban por sitios solitarios preto dun río, nunha fraga.


2ª parte


  • Plano xeral.

    2,15 : profundidade, follas, pozo, viñedos

  • 1º plano

    2,17: detalles do pozo, abandonado, musgo

  • 1º plano

    2,37: do sr., observa cara arriba, o que nos fala da altura do pozo

  • Plano detalle

    2,46: ventanuco do pozo. Unha persoa empeza a súa entrevista. Estalle contando todo isto a uns nenos pero aínda non o sabemos, porque non aparecen en pantalla.

  • Plano conxunto:

    3,02: Os nenos aparecen de costas. Debe facer frío; en inverno, acorde co tema.

  • Plano medio curto:

    3,05: Dá importancia ó personaxe cando fala.

  • Plano conxunto

    3,26: aparecen os nenos tamén en escea, cando os nenos falan e lle preguntan.

  • Panorámica

    De esquerda á dereita, para cambiar de personaxe entrevistado.



3ª parte


  • Contan sen palabras, con imaxes, sons: por onde ían, que facían.

  • As entrevistas parecen algo preparadas pero abertas. Escoita activa. Non tería sentido facelas en verán. En inverno, son máis acordes co tema.

  • Aparecen os nenos/as escoitando nun lado.

  • Hai momentos en que o personaxe conta e non se lle ve. Tamén preguntan ou resposta e non aparecen en cadro.

  • 6,50: Desenvólvese dentro do pozo. Dan información do pozo, descríbeno, indican sensacións e sentimentos que debían ter os traballadores alí dentro... É un poema visual-auditivo.


Final


  • Fotos antigas. Texto poético. Agradecemento.



    Algunhas reflexións xerais


  • É unha conversa. Deixan falar ó sr e fanlle preguntas para aclarar o que vai dicindo, dialogando. Os nenos/as son respectuosos/as. Pacientes.

  • A información pasa de xeneración en xeneración, conta cousas que non lle pasaron a el senón ós seus pais.

  • Hai veces que está falando o sr e non se lle ve a cara. Outras veces aparece falando e os nenos escoitando.

  • As conversas foron preparadas pero tamén dialogan en función do que din.

  • As conversas non van seguidas. Parte da primeira conversa aparece ó final do documental.

  • Aparecen fotos antigas.

  • Tamén hai un texto poético dentro do pozo.

  • Debemos pensar se no documental de Massó queremos só transmitir datos ou sensacións, emocións.





Cineando ilusións

Ideas visuais para o guión

Aula de 6º, CEIP A Rúa, 3-12-2013

(Primeiras reflexións sobre o documental, a documentación, o espazo Massó)

Posta en común, aula, 3 de decembro 2013


Imaxes visuais-auditivas potentes:


  • Serea

  • Marea branca de mandilóns

  • Sons do mar

  • Sinais entrada de barcos, xente baixando.

  • Imaxe: unha balea por cada lado do barco.

  • Tamaño das baleas.

  • Cheiro, imaxe da graxa das baleas

  • Sons da fábrica, acompañado de imaxes actuais da fábrica

  • Relacionar imaxes de obxectos da fábrica antes e agora, tamén do edificio (antes e agora)

  • Grafitis


Persoas:


  • que foron á gardería e á escola.

  • que despezaban a balea e que a vían despedazar

  • que traballaron toda a vida (1ª e 2ª xeneración)


¿Que significou na súa vida Massó?, ¿Que importancia ten Massó na súa vida para esas persoas?


Massó para nós


  • “Un paseo bonito”, Álvaro

  • “Un lugar emblemático, un monumento”, Candela

  • “Moi importante para Cangas e para moitas persoas”, Santi

  • “Sitio bonito para visitar, andar en bici”, Néstor

  • “Ainda q estea en ruinas, sempre estará no corazón das persoas que traballaron alí”,Tania

  • “Sitio especial. Quero que siga alí, sentir o que sentía a xente. Teño pena que estea en ruinas”, Andrea

  • “Todas as persoas o coñecían; era importante. Gustoume ver o que había alí”, Inés

  • “É importante como espazo natural, a lagoa”, Andrés

  • “Deulle valor a Cangas. É un espazo natural”. Mario S.

  • “Importante para os traballadores/as”, Yanira

  • “Lugar especial. Gustaríame velo funcionando”, Cris.

  • “Símbolo para Cangas. Representa unha xeneración. Importancia histórica”, Ían

  • “Admirable, parte de Cangas. Se non estivese, cambiaría todo”, Anira

  • “Dende pequeno vou á lagoa”, Darío

  • “É moi importante telo aí, forma parte de Cangas”, Maia

  • “Empresa exemplar, lugar moi bonito”, Pedro

  • “Lugar único. Deberíase conservar. Forma parte da Historia de Cangas”, Antón

  • “Lugar inesquecible, inigualable. Dende pequeno sempre fun a Massó. É como se alumease”, Rubén

  • “Impresionante. Todas as persoas que traballaron alí non se esqueceron. Hai moita xente paseando”, María

  • “Massó é como se fose o apelido de Cangas”, Nico

  • “O sol que alumea Cangas. Un lugar irremplazable”, Sergio




Cineando ilusións

Exposición da documentación ó profesional do cine. Concretando ideas

Aula de 6º, CEIP A Rúa, 17-12-2013


1ª Reunión co profesional do cine, decembro 2013 


- Algúns dos traballos expuxéronse en gran grupo para ter a posibilidade de melloralos.

- Finalmente durante a visita dos profesionais do cine expuxéronse todos os traballos.

 

 

  • Falar nas conversas: para uns era un traballo duro e para outros unha ledicia; falar do declive; da importancia de Massó máis aló da economía; das vivencias dos escolares; é parte da memoria histórica de Cangas; o valor para as persoas do pobo, o uso que lle dan.

  • Tarefas pendentes:

    -Preguntar o salario, cando abriu, cando pechou, onde pescaban as baleas

    -Facer un plano das instalacións, entre todos despois da visita.

    -Tamaño da fábrica

    -Buscar cancións, textos, pinturas...relacionados con Massó.

    -Cando foi o da Colza

  • Persoas ás que preguntar: asistenta social, encargados, ocupas, descendentes Massó, xente que reutiliza o espazo. En vez de chamarlle entrevistas, debemos chamarlle conversas.

  • Imaxes potentes: cheiro, graxa do mar cando despedazaban as baleas, como o vivía a xente de fóra da fábrica, non só a da fábrica

  • Como facer a película?

    -imaxes de como era antes e despois a fábrica, imaxes antigas e actuais

    -que saia xente (imaxe e voz en off)

    -que se escoite a serea e se vexa a marea branca

    -hai que respectar á xente que non quere sair

    -que o narrador/a faga unha introdución

    -falar da importancia da fábrica para o pobo, máis aló da economía

    -gardería, escola, vivencias

    -considerar que Massó é parte da memoria histórica de Cangas

    -amosar que era unha empresa moi avanzada

    -que atrae a moitas persoas, o pobo valórao

    -¿que facer con Massó?

    - título: imitando as películas antigas. Son cámara antigo.

    -fotos antigas amontoadas mentres un narrador vai contando, tipo película antiga.


¿Como queremos plasmar todo isto? ¿Quen nos pode axudar? ¿Que queremos? ¿Con quen falamos?



Proposta de actividades a realizar cos nenos/as


  • Visión dos nenos/as do futuro de Massó. Individualmente. Facer un debuxo.

  • Conversas: como as imos facer para conseguir que expresen nelas o que salientamos anteriormente.





Cineando ilusións

O noso futuro para Massó


(Propostas de futuro dos nenos e nenas para a factoría Massó)


A fábrica de Massó, neste momento está abandonada e en estado ruinoso, como podedes ver nestas fotos realizadas por nenos e nenas da clase.


   

 
 

Unha das cousas que máis nos preocupa, despois do que estamos aprendendo nesta fase de documentación, é o futuro de ese espazo tan significativo para a xente de Cangas e tamén para nós. Demos renda solta á imaxinación e fixemos as nosas propostas. Aquí vai unha mostra:

 

SANTI

Eu faría un cine, para que todos os cidadáns disfrutasen da cultura canguesa. Coa gardería faría unha tenda para o cine e coa baleeira a restauraría. Co entorno natural intentaría arranxalo e coidalo.

 

ANTÓN

Eu faría algo para dar traballo a xente desempregada, algunha empresa de aparellos náuticos ou así. Iso ou un centro recreativo ou de ocio.


 

RUBÉN

Eu convertería Massó nunha zona que non estea tan contaminada. Reconstruiría a fábrica e faría un museo.


 

YANIRA

Eu faría con Massó un hospital. Con comedor para que coman as enfermeiras, os enfermos e a xente que vai de visita, e un parking para as ambulancias.


 

DARÍO

A mín gustaríame que fose un museo cultural sobre a pesca e as cadeas industriais. Tamén gustariame derruir a zoa de okupas e por un parque para nenos.

 

NICO

Restaurar Massó e facer unha ruta turística arredor e que se poida entrar dentro e transformar a baleeira nun museo de osos de balea e restaurala.


 

ÁLVARO

Eu faría un multiusos dedicado ao ocio con cine, bolos, teatro, etc.


 

CANDELA

  1. Eu en primer lugar faría un parque de auga cuberto. Deixaría tal e como está a fábrica, aínda que quitaría todas as cousas de dentro e as cambiaría por atraccións de auga. Este parque sería un puntazo xa que estaría cuberto, poderíase ir tanto os días de choiva como os de moita calor. Á xente frioleira encantaríalles este parque de auga .
  2. Outra opción sería restaurala e convertila nun sitio de ocio.

A miña avoa as dúas opción parécenlle moi ben, aínda que cre que o primeiro non o poderíamos facer xa que costaría moitos cartos, cousa que non abonda en España xa desde fai tempo.


 

MAIA

Eu faría un museo turístico con fotos de cando aínda estaba en funcionamento, os restos cos que se traballaba…

 

PEDRO

A miña idea sería facer un gran museo onde se poidese ver todo o que se fixo na fábrica de Massó. Restauraría a baleeira e se exporía ao público.






Cineando ilusións

Fragmentos documentais de cineastas

(Análise de fragmentos documentais de autor)


Imos ver unha serie de fragmentos documentais feitos por cineastas e tedes que fixarvos no xeito de contar, como retratan ás persoas, oficios, espazos.


Soah”, de Claude Lanzmann





Posta en común


  • Parece que van correndo, movíase a cámara.

  • Dá a sensación de que está atrapado, parece que nunca chegan ó sitio. Tamén parece que fuxe de alguén.

  • É un día gris, acorde coa tristura.

  • Collía a terra coas mans, dáballe tristura recordando os que quedaron alí.

  • Era como un guetto. ¿E que é un guetto? Un lugar apartado onde vive un conxunto de xente das mesmas características e á que soen considerar inferior. Na película de Chaplin, “Tiempos modernos” aparecía un guetto.

  • Utilizan “voz en off” contando, con imaxe da persoa e sen imaxe da persoa. Hai un momento en que se deixa a voz en off e fala directamente.

  • Espazo triste, árbores sen follas.

  • Dá sensación de soidade velo a el só.



Innisfree”, de José Luís Guerin




Posta en común


  • A cámara gravando a paisaxe serve para indicarnos onde estamos.

  • Coas imaxes coas que presentan ós personaxes dá a sensación de que estamos nunha pequena aldea. Hai 1 sacerdote, 1 profesor... Polos oficios que mencionan, sabemos que é no rural.

  • Vese xente alegre, sorrinte. Parece que levan unha vida tranquila, sen stress.

  • Parécevos que se coñecen? Si, aparecen en grupos, míranse.

  • Quen vai facer a película? O pequeno dunha familia, supoñemos que dese pobo.

  • Despois dunha panorámica, vese como unha sra chama a atención a unha nena para que se poña ben porque a están gravando. Aparecen nerviosos/as ante a cámara. Non saben que cara poñer.

  • Por que teñen esa sensación de non saber que facer?Porque é algo extraordinario o de rodar unha película. Nun pobo, onde soen levar unha vida rutineira, isto rompe completamente o cotiá. E ademais logo poden ver a gravación moitas persoas.

  • Este anaco de documental é como unha presentación, dan gañas de seguir vendo o que pasa.

  • A música é alegre.



Comparamos“Soah” e “Innisfree”


Semellanzas:


  • Nos dous documentais hai unha paisaxe natural. Néboa nos dous documentais.

  • Amósanse emocións das persoas.

  • Os protagonistas son xente maior.


Diferenzas:


  • Un documental é triste, o tempo é gris. Outro alegre, bo tempo.

  • Un dá sensación de soidade, outro non, é colectivo.

  • Un conta unha historia, outro presenta unha historia.

  • Un desenvólvese nunha paisaxe natural e outro nunha paisaxe natural/social.





Cineando ilusións

Visita guiada á factoría Massó


(Visita guiada e comentada polo profesor Luís Pérez)


O antigo profesor do centro Luís Pérez, que medrou en Massó, acompañounos a unha visita guiada polo complexo Massó. Vimos dende o exterior, entre outras cousas, a zona da nave principal, a gardería infantil, o comedor, os vestiarios femininos e masculinos, a antiga escola, as cocheiras, a baleeira... Foinos contando as súas vivencias e dándonos moita información ó respecto, completando a documentación inicial. Os nenos tomaron planos da zona e fixeron fotos libremente.


Escoitando as explicacións de Luís


Filmando planos libremente



Cineando ilusións

Massó, os alumnos/as fotografían e filman libremente


Os alumnos/as no seu tempo de lecer achegáronse a Massó a fotografar o espazo e a realizar tomas duns 30 segundos como mínimo. Coas fotografías fíxose un álbum que se expuxo no Auditorio de Cangas na exposición da estrea do documental.


                                                                            Foto feita por Inés


                                                                        Foto feita por Candela



                                                             Álbum das fotos dos nenos




Cineando ilusións

Ideas individuais guión


                            (Propostas individuais para o guión da curta documental)


  • Ó principio, o bosque, con imaxes de Massó e sons de paxaros e do mar. Logo, ruídos de máquinas funcionando. Cando a persoa empeza a falar, imaxes do que nos está falando. Para cambiar de secuencia utilizar travelling ou ir a negro. Ó final do documental, imaxes de Massó antes e agora con música. Andrés.

  • Primeiro plano de Massó, de fondo típica música de Cangas. Imaxes fixas dos traballadores da baleeira, cuns sons de mar. Nas conversas, medio plano, travelling ata nós conversando, voz en off da persoa que fala con imaxes dende a baleeira ata a nave principal. Gustaríame que se rodase nun día nin moi soleado nin moi anubrado. Darío

  • 1ª parte: fotos antigas sobre un fondo negro ata achegarse a unha que se convirta na realidade. Mentres pasa todo isto, unha voz en off fala dun día calquera ou un día especial en Massó. 2ª parte: unha conversa cunha persoa que ensina algo que facía na fábrica. Imaxes da marea branca, da graxa das baleas no mar. Con imaxes actuais da fábrica, que vaian explicando os sentimentos desas persoas. Imaxes das nosas propostas de futuro para a fábrica. Opinións dalgunhas das persoas entrevistas ó respecto. Imaxe dos nenos da clase correndo cara a Massó. Candela

  • Imaxe da fábrica antiga, escoitarse de fondo o son da serea. Imaxe da fábrica actualmente. Interior da fábrica, ver o que había, como se traballaba. Entrar no espazo actual e, cando estás dentro, ir vendo fotos antigas da distribución. Ensinar dalgunha forma os oficios de Massó cun texto explicándoos. Unha conversa onde se escoiten as nosas voces. Andrea

  • Ó principio fotos antigas e unha persoa con voz en off, falando da fábrica. Despois vese á persoa que está falando, logo outra vez as fotos, e logo outra vez á persoa. Todo isto durante un minuto. Logo aparece o título con letras grandes sobre unha imaxe actual da torre de Massó en contrapicado. A continuación vese a un home ou muller explicando como eran os traballos, os horarios, a serea.... Despois falaría esa ou outra persoa, das emocións que sentía e das anécdotas na fábrica. Mostrar algo parecido a “Fred, fosc, gel”, alguén dentro da nave na actualidade unha voz en off dicindo substantivos e adxectivos relacionados coa experiencia en Massó e coa fábrica. Para finalizar, volver a mostrar fotos antigas con sons relacionados con Massó (a serea, a marea, as máquinas funcionando, o bosque...). Ían

  • Ó principio unha imaxe da nave principal na actualidade e que se escoite o son do vento. Logo enfocar a alguén de costas achegándose á fábrica e que se escoite como camiña. A continuación empeza a conversa con voz en off dunha testemuña mentres aparecen imaxes do que conta a modo de diapositivas con fotos antigas de Massó. A cámara fai un zoom achegándose a cada fotografía. Reflectir tamén os cambios que sufriu co tempo a fábrica e da baleeira con fotos antigas e actuais. Se atopamos, poñer algún anuncio de Massó (da TV ou da radio). Reflectir cunhas panorámicas da cámara o grande que era Massó. Para rematar, dicir nós e as testemuñas que faríamos con Massó nunha sucesión de rostros contando a súa proposta. Ao final, en letras grandes poñer: E TI, QUE FARÍAS? Antón.

  • Aparece a imaxe de Massó na actualidade e o seu contorno. Despois aparece unha persoa que traballou alí, falando libremente da súa experiencia na fábrica. A continuación ábrese o plano para amosarnos a nós facéndolle algunha pregunta como as que fixemos nas primeiras gravacións. Un primeiro plano ao preguntarlle polo declive. Rubén.

  • 1ª secuencia: Sons que podería haber na fábrica (máquinas, serea, gardería...) con imaxes do interior e do exterior da fábrica na antigüidade. 2ª secuencia: Unha imaxe actual do exterior da fábrica sen que se escoite nada ou escoitándose o mar como moito. 3ª secuencia: Vemos ás testemuñas contándonos as súas experiencias, intercalando algunha pregunta nosa. 4ª secuencia: Seguimos coas voces en off amosando fotografías antigas das cousas que nos van contando. 5ª secuencia: As persoas contan as súas sensacións e emocións, tanto de homes como de mulleres e vemos as súas caras. 6ª secuencia: Seguimos vendo ás testemuñas pero agora contando como se sentiron e como viviron o declive de Massó. Última secuencia: Poñer o plano que representa a nosa idea do futuro de Massó, escoitando o son natural do espazo na actualidade. Cris.

  • 1ª secuencia: Plano xeral de Massó na actualidade sen son. 2ª secuencia: Plano dunha testemuña explicando a súa experiencia en Massó. 3ª secuencia: Plano da persoa ensinando fotos de Massó e podemos aparecer nós tamén. 4ª secuencia: Nós facemos preguntas e a persoa contesta, explicando o seu traballo. 5ª secuencia: fala do cheiro das baleas. 6ª: fala do declive de Massó. Santi.

  • Primeiro gustaríame empezar con sons do mar e do vento. A medida que vai avanzando que apareza unha persoa falando pero pouco tempo. Logo, voz en off contando como traballaban as mulleres con fotos de como era a fábrica antes e agora. Volver á conversa da persoa que falou nun principio durante máis tempo. Ó final, distintas persoas expresan os seus sentimentos respecto á súa vida na fábrica, escoitándose unha música acorde con estes. Yanira

  • A primeira secuencia comezaría cun plano xeral da fábrica de Massó. Na segunda, un plano detalle das ventás da fábrica, facendo un zoom in para dar a sensación de que entras na mesma. A terceira, sons de paxaros, imaxes do espazo natural onde está ubicada a fábrica. Tania

  • 1ª secuencia: plano xeral, foto da fábrica antiga e escóitase o son orixinal da serea. Fundido a negro. 2ª secuencia: Plano xeral: vese a fábrica actualmente dende fóra, facendo a cámara un pequeno percorrido. 3ª secuencia: Vese a torre de Massó, fixando a cámara na palabra MASSÓ. 4ªsecuencia: Aparece unha persoa falando das súas experiencias na fábrica. Son de máquinas. 5ª secuencia: Plano xeral da Baleeira. Plano xeral da Gardería. Néstor

  • Aparece un plano xeral da fábrica. A cámara vaise achegando á torre e enfoca o nome de Massó. Aparece unha imaxe da Baleeira. Saen fotos antigas de persoas despezando unha balea. Escóitase unha persoa conversando cos nenos/as sobre os seus sentimentos. Ó final escóitase o son do mar. Inés

  • 1ª secuencia amosa imaxes dos traballadores facendo o seu labor: as mulleres traballando en cadea e os homes pescando baleas, etc 2ª secuencia: fábrica de Massó actualmente nun plano xeral, o interior da fábrica derruída, con sons exteriores. 3ª secuencia: imaxes das persoas que dirixiron Massó. 4ª secuencia: varias persoas falando dos primeiros anos na fábrica, do cheiro intenso a peixe. 5ª secuencia: persoas falando de como viviron o declive. Anira.

  • Ó principio, escóitase o son do mar e vese un plano xeral da nave principal. Despois a cámara vaise achegando ata a fábrica, entra nela e vese o interior. Conversa cunha persoa indicando o seu lugar de traballo, falando das súas emocións, anécdotas, opinións persoais...Aparecen imaxes das instalacións actualmente, do traballo, de cando despezaban as baleas, cun son de máquinas. Sergio

  • Ó principio vese o bosque con sons de mar e da natureza en xeral. Título do documental sobre un fondo do bosque...Maia

  • Plano xeral das instalacións de Massó antes do declive, fotografías antigas. Persoa falando do seu traballo. Fundido a negro. Outra persoa ou a mesma falando do declive. Imaxes de Massó na actualidade. Pedro

  • Imaxe frontal da fábrica. Nalgunha entrevista ... imaxes de traballo duro, imaxes doutros traballos máis doados. Baleas. Marea branca. Serea... Mario S.

  • Un neno de 6º ve un detalle dun grafiti que ensina unha balea. Señor Falando das baleas. Nico

  • Son de mar e vento. Home/muller falando das experiencias, imaxes do que vai falando...María





Cineando ilusións

Guión consensuado


(Ideas consensuadas entre todos e todas para o guión de cine)


Ideas comúns para o documental


  • Imaxes antigas, fotografías.

  • Intercalar imaxes antigas e actuais.

  • Imaxes de todas as instalacións.

  • Imaxes da lagoa.

  • Interior da fábrica e o contorno natural.

  • Sons, darlles importancia. Os sons de agora e os sons de antes. Son da serea, son das máquinas, as cantigas, os nenos.

  • Conversas. Concordar o que se di co que se ve.

  • Distintas testemuñas.

  • Fala a persoa pero non se ve.

  • Sentimentos do declive.

  • Tamaño da fábrica.

  • A graxa: con sons, o que nos contan...

  • O futuro de Massó.


Guión consensuado


  • Empezar pola mañá. Plano xeral da fábrica e logo entrar nela. Poderiamos gravar polo camiño, con sons do sitio: mar... Presentar a fábrica pouco a pouco. Do máis amplo ó máis concreto.

  • Conversar con alguén a fábrica. Primeiro gravalo de costas, camiñando, chegando á fábrica. Empezar a escoitar a súa voz e logo que se lle vexa na fábrica no lugar de traballo, dicíndonos onde estaban os distintos postos de traballo. Sons de máquinas. Darlles tempo para falar. Nós podemos aparecer pero pouco para non restar protagonismo. A decisión que tomemos, será así para todas as conversas. As cantigas: gravar na fábrica e tamén na escola, varias mulleres cantando, fotos antigas traballando en cadea.

  • Marea branca: que nos falen dela, gravar o sitio por onde baixaban, escoitando pasos, voces. Conseguir son da serea, imaxes da marea branca.

  • Comparar os espazos utilizando imaxes actuais e fotos antigas. Facer unha selección de imaxes antigas.

  • Acabar amosando como vivimos nós o espazo de Massó. Algo poético. Massó poñéndose o sol.

  • A marea branca.

  • Texto informativo das características e as innovacións da fábrica.





Cineando ilusións

Seleccionando fotos antigas

(Seleccionando fotos antigas para o documental)


Como se decidiu incluír no documental unha selección de fotos antigas, estas tiveron que ser elixidas por consenso, buscando que fosen acordes co que comentaban os protagonistas do documental. 








Cineando ilusións

Concello, expoñendo o proxecto ó alcalde


O venres 14 de marzo fomos ó concello para explicarlle ó alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, o noso proxecto de rodar un documental sobre a fábrica de Massó. Tamén para pedirlle uns permisos. Isto é o que lle dixemos:

Somos os nenos/as de 6º do C.E.I.P. A Rúa e queriamos explicarlle o Proxecto “Cine en curso” no que estamos a participar. A finalidade do mesmo é achegar ós alumnos/as de Galicia, Cataluña, Madrid e Arxentina ó mundo do cine, mediante a realización dunha curtametraxe documental sobre un espazo ou un oficio. Nesta edición presentámonos co noso traballo “Cineando ilusións”,que foi seleccionado xunto con outros tres de toda Galicia.

Decidimos por consenso que o noso documental trataría sobre a fábrica de Massó, xa que foi moi importante para o pobo e forma parte da Historia de Cangas. 

O primeiro paso que demos foi a documentación. Xuntámonos por grupos e buscamos en libros e na web toda a información posible sobre a fábrica. Para saber máis, conversamos con familiares e coñecidos que estiveran vinculados a Massó.

Tanto profesoras como alumnos/as estamos sendo asesorados polo C.G.A.I. (Centro Galego de Artes da Imaxe), en concreto por un cineasta profesional que nos está axudando na elaboración do guión, no manexo do equipo de rodaxe, na filmación e na montaxe do documental. 

Agora temos que iniciar a rodaxe e necesitamos da súa autorización para grabar nos terreos de Massó. Posteriormente, gustaríanos proxectar o documental no auditorio municipal, coa súa colaboración. Moitas grazas polo seu tempo e atención.  

Velaiquí o enlace que leva á noticia que fala do noso encontro co alcalde





Cineando ilusións

O taller de cámara


(Manexando o equipo de rodaxe)

Antes de rodar, o alumnado tiña que saber manexar o equipo de rodaxe. Para iso, fíxose unha sesión en gran grupo na aula e outra en pequenos grupos na aula de Música para que todas e todos adquirisen a destreza necesaria para iniciar a rodaxe. Tamén se elaborou un pequeno protocolo de uso e coidado do material.



Protocolo do uso do equipo de cine





Aprendendo a manexar o equipo de cine




Cineando ilusións

A rodaxe. Luces, cámara, Massó!!



Rodando dentro da nave principal da fábrica Massó


Este martes día 18 de marzo comezamos a rodaxe. Dividímonos por grupos para filmar mañá e tarde durante 3 días.O primeiro día gravamos polo exterior da fábrica e tamén na baleeira. O segundo día entramos na nave principal e a experiencia foi impactante porque é inmensamente grande!!!! Aínda que hai moito "lixo" que debería ser retirado, atopamos reliquias da fábrica, dignas dun museo: osos de baleas, caixas rexistradoras, latas de conserva, maquinaria, reloxos, ánforas onde se gardaba o aceite, básculas, unha grande áncora...

Tamén gozamos aprendendo a manexar o equipo de rodaxe, pasando todos os nenos polos distintos postos: director/a, cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a. Tivemos a oportunidade de decidir os planos libremente, en función dos nosos intereses, sendo aconsellados polo cineasta. Gravamos a persoas vinculadas con Massó falándonos da fábrica. Hoxe imos ter o privilexio de conversar coa asistenta social,  Ana María Soto Landeira, de 92 anos, para contarnos a súa experiencia. Somos moi afortunados/as de poder participar neste proxecto de cine que é unha experiencia inesquecible.

(Texto colectivo elaborado para as entradas do blog "Pistons cerebrais" e "Cine en curso")





Cineando ilusións

A rodaxe. Luces, cámara, Massó!!

(O xornal Faro de Vigo faise eco da rodaxe)


Massó, unha factoría de cine

Un grupo de estudantes do CEIP A Rúa filman un documental na antiga baleeira


g.m.p. | cangas 19.03.2014 | 20:40Responsables de imaxe e son, en plena acción. // G. Núñez
Responsables de imaxe e son, en plena acción. // G. Núñez

Trasladar, de xeito pedagóxico, o cine aos centros escolares é un dos obxectivos de "Cinema en curso", unha iniciativa na que participa o colexio A Rúa a través do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). O traballo sobre o terreo comezou onte.

"Cámaraaaa. Acción!". Ao xeito dos grandes profesionais, aínda que con pretensións algo máis modestas, un grupo de estudantes e mestres de A Rúa iniciaron a rodaxe dun documental sobre o antigo complexo de Massó, rememorando a súa relevancia e o importante número de veciños que traballaron alí mentres estivo en activo. Trátase dun dos catro talleres dun proxecto audiovisual sobre profesións, oficios ou tradicións nos que traballan tamén centros de Madrid, Cataluña e mesmo Arxentina, ao tempo que os rapaces e rapazas teñen oportunidade de coñecer directamente as distintas fases do traballo de elaboración dun documental, sentíndose protagonistas.

En todo o proceso contan co asesoramento e a colaboración de profesionais do CGAI, que axudan aos escolares no proceso de rodaxe neste contorno emblemático de Cangas. Onte pola mañá exploraron os arredores da vella conserveira, que aínda non abordaron no seu interior á espera de que os acompañe un equipo de Protección Civil, por motivos de seguridade. Pola tarde desprazáronse á factoría baleeira para continuar recabando material audiovisual, como a entrevista a un veterano traballador que ademais é avó dun alumno do colexio A Rúa. Hoxe e mañán continuarán os traballos sobre o terreo.

Como en todo gran acto cinematográfico que se precie, o proceso non esqueceu detalle. A semana pasada foi unha comitiva do colexio a presentarlle oficialmente o proxecto ao alcalde, José Enrique Sotelo, con quen se reuniron no salón de plenos para explicarlle as pretensións. Tamén lle pediron permiso para rodar nos espazos municipais, e mesmo logo tiveron que xestionar outros emprazamentos privados. O rexedor animounos a levalo adiante e deulles o si para presentalo en Cangas cunha proxección no Auditorio municipal. A estrea do documental está prevista para o 9 de xuño no CGAI, pero de momento aínda está parte do traballo por facer.

Follas de scrip onde os nenos escribiron información sobre os planos rodados



Cineando ilusións

A montaxe


 (Montando os planos e o son)


Para que os nenos e nenas se familiarizasen co programa informático de montaxe "Premier", tiveron unha sesión colectiva onde o cineasta explicou o manexo do mesmo. Despois tocou o máis complicado: decidir que planos elixir, que planos eliminar e onde situalos. Unha vez consensuado isto, por pequenos grupos, foron montando o documental de forma autónoma; o profesional do cine guiábaos pero eran eles os que tomaban as decisións por consenso e manexaban o programa.


Decidindo os planos que formarían parte da montaxe


Ordenando entre todos e todas os planos



Montando o documental co Premier




Cineando ilusións

Massó, obradoiro de acuarela


(Pintando Massó)


Durante a visita guiada a Massó, atopámonos cun acuarelista, Florín Draghici, que é autor de varios cadros sobre a conserveira. Moi amablemente ofreceuse a impartirnos un obradoiro de acuarela na aula e na factoría Massó. As acuarelas realizadas polos alumnos/as foron expostas na estrea do documental. 








Cineando ilusións

O muro do cine



O muro do cine ten como finalidade recoller todo o proceso do proxecto "Cineando ilusións" de forma sintética e visual. Tamén inclúe unha exposición dos dossiers elaborados.




Nesta parte do muro ilustramos os inicios desta aventura.



Aquí ilustramos o traballo en grupos de expertos, a busca de persoas para conversar, unha mostra das fotos dos nenos/as e os documentais que comentamos.



Todo sobre a rodaxe: make in off, follas de scrip, noticia de prensa.



O proceso de selección de planos e ordenación dos mesmos. Os planos elixidos.



O momento máis esperado: a estrea. No CGAI, en Coruña, cos nosos compañeiros/as da presente edición de Cine en curso. No Auditorio de Cangas. O cartel anunciando o evento. A invitación. Os textos colectivos para levar a cabo a presentación do documental. A noticia de prensa. Fotos deste marabilloso día.



Fotos do día en que pintamos Massó e o noso agradecemento a Florín Dagrihi, o acuarelista.


Perspectivas do muro na súa totalidade




Exposicións dos dossiers





Cineando ilusións

O cartel para anunciar a estrea


Para anunciar a estrea, os nenos/as decidiron elaborar un cartel anunciando o evento e colocalo por distintos lugares da nosa vila.


Cartel elaborado polos alumnos/as para anunciar o evento







Cineando ilusións

Chegou o gran día: a estrea


(Invitación á estrea)



Estrea do documental "Massó no recordo"
no Auditorio de Cangas !!

Acuarela xentileza de Florín Graghici


Os alumnos e alumnas de  6º curso do CEIP A Rúa comprácense en invitarlle á presentación do documental

MASSÓ NO RECORDO


Actividade do Plan Proxecta “Cine en curso” en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe


Xoves 12 de xuño ás 9 da noite
Auditorio de Cangas






Presentación-estrea documental no CGAI, 9-6-14

(Texto elaborado colectivamente para a estrea no CGAI)


Elección do tema do documental e documentación


Ola bos días, é moi difícil resumir esta emocionante experiencia pero intentarémolo.

Decidimos por consenso que o noso documental trataría sobre a fábrica Massó porque foi un símbolo para o noso pobo e forma parte da Historia de Cangas. Cremos que cada un de nós levamos un pouco de Massó no noso interior.


A documentación foi o primeiro paso que demos. Xuntámonos en grupos e buscamos en libros e na web toda a información posible sobre a fábrica. Para saber máis conversamos con familiares e coñecidos que estiveron vinculados con Massó.


Guión


O noso guión partiu de dúas ideas fundamentais. Por unha parte queriamos amosar as emocións dos traballadores/as, por outra o deterioro actual da fábrica. Para nós era importante:


  • Comparar os espazos actuais con imaxes antigas co fin de mostrar a decadencia da conserveira.

  • Presentar a fábrica pouco a pouco, dende o exterior ata o interior, dende o máis amplo ó máis concreto, dende a mañá ata o solpor.

  • Darlle a mesma importancia a todas as persoas coas que conversamos no documental. Presentalos escoitando a súa voz e despois achegándonos a eles. Procurabamos ter paciencia e darlles tempo para falar.


Planificación e concepción do filme:


En canto ós planos, primeiro fixemos un listado de secuencias que poderían formar parte do documental, comentándoas e elixíndoas entre todos/as. Na rodaxe, o director/a dicíalle ó grupo que plano quería filmar e, se os demais estaban de acordo, levábase a cabo. Na montaxe tivemos que descartar planos que nos gustaban e tomar decisións difíciles como o título.


A curtametraxe que máis nos inspirou foi “Fred, fosc, gel”, sobre todo na naturalidade coa que conversaban coas persoas e como amosaban as emocións.

Tamén “La colchonera” polas súas descricións, os seus planos detalle.


Rodaxe



Durante toda a rodaxe sempre estaba un sorriso nas nosas caras. Cando entramos na fábrica por primeira vez quedamos todos abraiados. Tivemos un contraste de emocións. Por unha parte sentímonos entusiasmados; ter a sorte de contemplar a fábrica e ver a súa inmensidade foi un privilexio. Pero ó momento sentímonos desolados ó vela en ruínas, chea de escombro, lixo...que para nada nos lembraban a grandeza de Massó.


Os planos que nos encantaron foron o da asistenta social, o reloxo detido, a caixa rexistradora desfeita, a torre de Massó e especialmente o das traballadoras cantando pola súa emoción.


Que aprendemos


Aprendemos que o cine é un traballo colectivo, necesítase a colaboración e o esforzo de todos. Por outra parte, agora xa sabemos facer un documental, así que no futuro poderemos filmar outros con máis facilidade.


Cremos que o máis importante que aprendemos como grupo foi o compañeirismo, o traballo en equipo, levándonos mellor entre nos, a escoitar ós demais, a ter paciencia, a renunciar ás cousas que máis nos gustaban e a chegar a consensos. Todos aprendemos algo de todos.


Pensamos que as persoas maiores son moi interesantes, hai que escoitalas con atención e deixalas falar. É importante valorar o pasado, non só o presente.


Por último queremos destacar que os espazos que forman parte da Historia dun pobo deben ser conservados e coidados por todos.


                      


Presentación-estrea documental no Auditorio de Cangas, 12-6-14

                    (Texto elaborado colectivamente para a estrea no Auditorio de Cangas)


Boas tardes a todos e todas. Benvidos ó auditorio de Cangas. Sentímonos moi ilusionados de poder compartir este momento tan especial con vós.

Somos os alumnos e alumnas de 6º do CEIP A Rúa e estamos aquí para amosarvos o noso documental no que tanto traballamos este curso.


Todo comezou cando nos presentamos ó Plan Proxecta “Cine en curso” que trata de achegar ós nenos e nenas de Cataluña, Madrid, Arxentina e Galicia ó mundo do cine, mediante a realización dunha curtametraxe documental sobre un espazo ou un oficio antigo. Tivemos a gran sorte de que o noso proxecto “Cineando ilusións” fose un dos catro seleccionados de toda Galicia. Non sabedes canto nos alegramos!!


Decidimos por consenso que o noso documental trataría sobre a fábrica Massó porque foi un símbolo para o noso pobo e forma parte da Historia de Cangas. Cremos que cada un de nós levamos un pouco de Massó no noso interior.


Unha vez elixido o tema, dividimos a elaboración do documental en tres fases: documentación, rodaxe e montaxe.

A documentación foi o primeiro paso que demos. Xuntámonos en grupos e buscamos en libros e na web toda a información posible sobre a fábrica. Para saber máis conversamos con familiares e coñecidos que estiveron vinculados con Massó. Un cineasta profesional axudounos na elaboración do guión e a aprender a manexar o equipo cinematográfico.

Uns días despois comezamos a rodaxe. Distribuímonos en grupos para que todos puidéramos pasar polos distintos postos de gravación. Foi unha experiencia inesquecible, na que puidemos entrar na fábrica e observar o seu interior.

De seguido veu a montaxe, que foi laboriosa pero divertida. Primeiro eliximos os planos e a orde dos mesmos. Despois traballamos cun programa de ordenador coordinando sons e imaxes durante tres días.


Queremos remarcar que o fixemos todo nós e sempre chegando a un consenso: elaboramos o guión, fomos todos sonidistas, directores, cámaras, cablistas..., manexamos o programa de montaxe... Todos uns aprendices de cineastas!!


Durante todo o proceso sempre estaba un sorriso nas nosas caras. Cando entramos na fábrica por primeira vez quedamos todos abraiados. Tivemos un contraste de emocións. Por unha parte sentímonos entusiasmados; ter a sorte de contemplar a fábrica e ver a súa inmensidade foi un privilexio. Pero ó momento sentímonos desolados ó vela en ruínas, chea de escombro, lixo...que para nada nos lembraban a grandeza de Massó.


E por último gustarianos agradecerlles a todas as persoas que colaboraron, sexa prestando un libro, participando no documental, dando información ou ben estando detrás da cámara... A todas e cada unha delas queremos dicirlle “grazas”. 



Cineando ilusións

Divulgación. Noticias de prensa


                                

Massó, desde la mirada de un niño


(O Faro de Vigo faise eco da estrea en Cangas)

El colegio A Rúa estrena hoy en el Auditorio el corto de 6º de Primaria sobre la antigua conservera de Cangas

11-06-2014 23:31
 
Dos momentos del trabajo del documental

Dos momentos del trabajo del documental

Cangas

No tendrán alfombra roja, pero todas las miradas estarán puestas en ellos como las estrellas que son, sin necesidad de alfombra roja. Los niños de sexto de Primaria del Colegio de Infantil y Primaria CEIP A Rúa, de Cangas, estrenan, hoy en el Auditorio de Cangas (21.00 horas) el corto "Massó no recordo" que ha sido elaborado por ellos durante todo el curso dentro del proyecto "Cine en curso" del plan Proxecta de la Consellería de Educación, coordinado por el Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).El trabajo ha sido elaborado bajo la dirección del profesional Ángel Santos, de Marín, que los guió todo el curso coordinados por la tutora, Ana Castro, y las tres profesoras especialistas: Rosana Rúa, Montse Sotelo y May Iglesias.

Aseguran que para el documental se optó por la fábrica Massó porque fue un símbolo para Cangas y forma parte de su historia: "Cada un de nós levamos un pouco de Massó no noso interior".

La documentación fue el primer paso que hicieron, se juntaron en grupos y buscaron en libros y en la web toda la información sobre la fábrica. Durante el documental, los alumnos realizaron entrevistas a 10 antiguos trabajadores que muestran sus sensaciones y sentimientos al volver a la fábrica, hoy en ruinas. También hablan con familiares.

El guión quería reflejar precisamente las emociones de los trabajadores y el deterioro actual de la fábrica. Así, se comparan espacios actuales con antiguas imágenes, se presenta la fábrica poco a poco, desde el exterior al interior, desde lo más amplio a lo más concreto dándole la misma importancia a todas las personas con las que se conversa en el trabajo.

Todos en clase prepararon un listado de secuencias y en el rodaje, el director les iba diciendo qué plano quería filmar, y si los demás estaban de acuerdo, se llevaba a cabo. También partiicparon en las labores de montaje tomando decisiones difíciles, como ha sido la del título. Los niños vivieron el contraste de emoción al entrar en la fábrica.




                                    

                                

Massó pervive de generación en generación


(O Faro de Vigo relata a estrea do documental)

Estrenado en el Auditorio el corto "Massó no recordo", elaborado por alumnos del colegio de A Rúa

redacción | cangas 13.06.2014 | 01:53El grupo de alumnos que realizó el corto, sobre el escenario del auditorio.
El grupo de alumnos que realizó el corto, sobre el escenario del auditorio. // Gonzalo Núñez

El Auditorio Municipal de Cangas se llenó para el estreno de un corto muy especial. Primero porque recordaba la historia de la antigua conservera Massó, tan ligada al pasado de esta villa, y por otra parte, porque el documental, titulado "Massó no recordo", fue realizado por alumnos de 6º de Primaria del Colegio de Infantil y Primaria CEIP A Rúa, de Cangas, dentro del proyecto "Cine en curso", coordinado por el Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) a través del Plan Proxecta de la Consellería de Educación. Los alumnos estuvieron trabajando en este documental a lo largo del curso con el profesional de cine Ángel Santos, de Marín y las profesoras May Iglesias, Montse Sotelo, Rosana Rúa y Ana Castro.

Durante la proyección se vieronlas entrevistas que los pequeños realizaron a trabajadores de la anrigua conservera, emocionados cuando volvían a pisar las instalaciones donde pasaron parte de sus vidas, hoy en ruinas. También se realizaron entrevistas a familiares y se mostraron tomas del exterior y del interior de la nave para comparar la decadencia de la fábrica que un día fue ejemplo para toda Europa.




                            

Cineando ilusións

Documental e make in of



Documental "Massó no recordo"

 

Onte, xoves 12 de xuño, puidemos ver no Auditorio de Cangas a estrea do documental "Massó no recordo", elaborado polo alumnado do 6º curso de primaria do CEIP A Rúa, co acompañamento dos seus profesores e do director de cine Ángel Santos, dentro do proxecto Cine en Curso.

A presentación foi un éxito completo, dirixida polos anfitrións Ían, Candela e Néstor e co auditorio repleto de público, comezando polos pais e nais dos nenos e tamén con moitos avós e avoas que querían refrescar a súa memoria.
Moitas grazas a todos os que fixeron posible este documental, moi especialmente a todas as mulleres e homes que no seu día traballaron nesta fábrica emblemática de Cangas e que hoxe, convertidos en avós dos alumnos, se ofreceron a lembrar a súa historia.
Vemos a seguir unha presentación-resumo das fases de elaboración do documental (documentación, rodaxe, montaxe):

YouTube Video






 E por fin o documental "Massó no recordo", de case 20 minutos de duración. Esperamos que sexa do voso agrado. (Pinchar na imaxe para visualizalo).

 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014


Aquí podedes ver uns bonitos momentos da estrea do documental en Cangas.




E por último, como colofón, unha boa nova: o noso documental vai ser proxectado en Madrid o 3 de xullo. Este é o link co lugar e a hora, por se vos pilla cerca.




Cineando ilusións

Premio de Alfabetización audiovisual 2014


Parece que ser que non era a última sorpresa:


Un documental del CEIP A Rúa sobre Massó logra un premio del Ministerio de Cultura


Destaca "la memoria de un espacio y su huella en las gentes que lo habitaron"


redacción | cangas 03.10.2014 | 00:00                          
                                                                Los alumnos premiados, ayer, en un programa de la TVG.    
Los alumnos premiados, ayer, en un programa de la TVG.

El documental "Massó no recordo", realizado por alumnos de 6º de Primaria del colegio A Rúa, de Cangas, ha sido reconocido con el Premio de Alfabetización Audiovisual que concede el Ministerio de Educación y Cultura a través del Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA). El galardón, dotado con 3.000 euros, distingue a los centros de enseñanza que fomenten esta materia a través del desarrollo de proyectos que se materialicen en la implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiales curriculares y de apoyo, así como todos los trabajos innovadores que contribuyen a acercar el audiovisual al alumnado.

Los alumnos estuvieron trabajando en este documental a lo largo del curso con el profesional de cine Ángel Santos, de Marín, y las profesoras May Iglesias, Montse Sotelo, Rosana Rúa y Ana Castro. Los pequeños realizaron entrevistas a trabajadores de la antigua conservera, emocionados cuando volvían a pisar las instalaciones donde pasaron parte de sus vidas, ahora en ruinas. También se realizaron entrevistas a familiares y se mostraron tomas del exterior y del interior de la nave para comparar la decadencia de la fábrica que un día fue ejemplo para toda Europa.

El jurado otorgó este premio, en la categoría de Primaria, al proyecto "Cineando ilusiones", de A Rúa, del que destacó "el trabajo sobre la memoria de un espacio y su huella en las gentes que lo habitaron, con lenguaje cinematográfico".



Concedidos por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

Fallo de los premios de Alfabetización Audiovisual y premio Historia de la Cinematografía

29 de septiembre de 2014

Nota de Prensa

  • Están dirigidos a estudiantes, profesores y centros educativos

El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a través del Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales (ICAA), ha fallado hoy los premios de Alfabetización Audiovisual y los premios Historia de la Cinematografía, en su segunda edición.


Premio de Alfabetización Audiovisual

El Jurado ha otorgado el Premio de Alfabetización Audiovisual, en la modalidad de Primaria, al Colegio Público A Rua (Cangas, Pontevedra), por el proyecto Cineando ilusiones, del que ha destacado “el trabajo sobre la memoria de un espacio y su huella en las gentes que lo habitaron, contado con un lenguaje absolutamente cinematográfico. El equipo ha efectuado el paso de la crítica de lo que ven a la creatividad”.

En la misma modalidad, el Jurado ha hecho mención a la extraordinaria labor desarrollada por el CEIP Trabenco de Leganés, por el trabajo Educar la memoria: coleccionando sueños y a la calidad del proyecto presentado por el centro público Villar Palasí, Anem a veure: alfabetización audiovisual en educación primaria.

En la categoría de Secundaria se ha premiado el trabajo Persoas, presentado por el IES Cacheiras (Cacheiras-Teo, A Coruña) por “su carácter pedagógico y la gradación paso a paso del trabajo en equipo, valorando positivamente su carácter ambicioso”. El jurado ha concedido un premio adicional al centro de Secundaria A Sangriña (A Guarda, Pontevedra) por su trabajo Proxecto Socheo, que recupera “la memoria audiovisual de un lugar, un barrio y un oficio a través de métodos tan simples como efectivos y cinematográficos”. En esta categoría también se ha hecho mención especial al trabajo Fraguando a diversidade, presentado por el centro IES Antoni Fragua (Santiago de Compostela, A Coruña).

El Jurado ha premiado, en la modalidad de Bachillerato, al IES Luis Vives (Valencia) por su proyecto Vives la animación, destacando “la continuidad y trayectoria de largo aliento del proyecto consolidado y fiel a una manera de ver el cine”.

El Premio a la Alfabetización Audiovisual pretende galardonar a los centros españoles que fomenten la alfabetización audiovisual a través del desarrollo de proyectos que se materialicen en la implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiales curriculares y de apoyo, así como todos los trabajos innovadores que contribuyan a acercar a los alumnos a la cinematografía y el audiovisual. Está dotado con 3.000 euros por categoría.

Premios Historia de la Cinematografía


El jurado ha declarado vacantes los premios de Historia de la Cinematografía por no haberse recibido solicitudes para optar a dichos premios.

El Premio de Historia de la Cinematografía está destinado a promover el estudio y conocimiento de la historia del cine en España en las diferentes etapas educativas, premiando a los estudiantes de centros docentes españoles, en su caso tutelados por los profesores, por la elaboración de trabajos relacionados con la materia desde el punto de vista histórico, artístico y técnico. Está dotado con 3.000 euros por categoría y diversos premios en especie.

Jurado


El Jurado de los Premios, presidido por el ICAA, ha estado formado por los vocales: Javier Arroyo, representando a la Secretaría de Estado de Eduación, Formación Profesional y Universidades del MECD; Julia Juániz, de la Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España; Carmina Belart, por las asociaciones del ámbito educativo; Juan Antonio Pérez, experto académico de alfabetización audiovisual; Carmen Bieger, representante de prestadores del servicio de comunicación audiovisual televisiva; Juan Carlos Tous, del sector de los contenidos audiovisuales en Internet; y Javier Rebollo, representante de una asociación del sector de la cinematografía y del audiovisual.

(Fonte: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte)










Comments