No camiño de Xesús

Non están os tempos para despilfarros e gasto innecesario. A cousa non pinta ben, e agora tócanos pagar o que ata non hai moito nos parecía do máis normal: gasto en obras faraónicas, reivindicacións para que levaran todo ata a porta da casa, subvencións para facer, ou non facer, cousas que noutro tempo eran froito da colaboración e a gratuidade dos veciños. E tanto foi o cántaro á fonte, que acabou por romper. Por iso, neste momento de tanta dificultade, necesitamos resituarnos, pararnos e pensar, con sinceridade e sen tentar enganarnos a nós mesmos, sobre cales son as necesidades fundamentais da nosa vida. Que queremos, que buscamos, que é o que nos pode axudar a ser mellores persoa e máis felices?. Só a partires de aquí poderemos comezar a endereitar a situación. Porque, é verdade, os que nos mandan teñen unha parte grande de culpa, pero tamén nós temos algo que dicir, ou non?. Non vaia ser que, por botarlle a culpa aos demais, esquezamos que nós somos cidadáns, e coma tal, podemos escoller e votar aos nosos representantes. Será que temos a situación que merecemos?. Empecemos por nós mesmos a sementar humanidade e realismo, para deste xeito poder recoller a esperanza coma o mellor dos froitos.

Bitácora

  • POR QUE TANTO MEDO
    A barca na que van Xesús e os seus discípulos vese pillada nunha daquelas tormentas imprevistas e furiosas que se erguen no lago de Galilea á tardiña dalgúns días de verán. Marcos describe o episodio para espertar a fe das comunidades cristiás que viven momentos difíciles.
    O relato non é unha historia tranquilizante para consolarnos aos cristiáns de hoxe coa promesa dunha protección divina que permita á Igrexa pasear tranquila a través da historia. É a chamada decisiva de Xesús para facer con el a travesía en tempos difíciles: "Por que sodes tan covardes? Aínda non tendes fe?".
    Marcos prepara a escena desde o principio. Dinos que "era á tardiña". Axiña caerán as tebras da noite sobre o lago. É Xesús quen toma a iniciativa daquela estraña travesía: "Imos para outra beira". A expresión non é nada inocente. Invítaos a pasar xuntos, na mesma barca, cara a outro mundo, máis aló do coñecido: a rexión pagá da Decápole.
    De súpeto levántase un forte furacán e as ondas rompen contra a fráxil embarcación alagándoa de auga. A escena é patética: na parte dianteira, os discípulos loitando impotentes contra a tempestade; á popa, nun lugar algo máis elevado, Xesús durmindo tranquilamente sobre un coxín.
    Aterrorizados, os discípulos espertan a Xesús. Non captan a confianza de Xesús no Pai. O único que ven nel é unha incríbel falta de interese por eles. Véselles cheos de medo e nerviosismo: "Mestre, non che importa que nos afundamos?".
    Xesús non se xustifica. Ponse de pé e pronuncia unha especie de exorcismo: o vento cesa de ruxir e faise unha gran calma. Xesús aproveita esa paz e silencio grandes para facerlles dúas preguntas que hoxe chegan ata nós: "Por que sondes tan covardes? Aínda non tendes fe?".
    Que nos está sucedendo aos cristiáns? Por que son tantos os nosos medos para afrontar estes tempos cruciais, é tan pouca a nosa confianza en Xesús? Non é o medo a afundirnos o que nos está bloqueando? Non é a procura cega de seguridade a que nos impide facer unha lectura lúcida, responsábel e confiada destes tempos?
    Por que nos resistimos a ver que Deus está conducindo á Igrexa cara a un futuro máis fiel a Xesús e o seu Evanxeo? Por que buscamos seguridade no coñecido e establecido no pasado, e non escoitamos a chamada de Xesús a "pasar á outra beira" para sementar humildemente a súa Boa Noticia nun mundo indiferente a Deus, pero tan necesitado de esperanza.
    José Antonio Pagola.- Traduciu: Xaquín Campo Freire. 
    Rede evanxelizadora BOAS NOTICIAS
    Sementa confianza en Xesús. Pásao.
    24 de xuño de 2012
    12 Tempo ordinario (B)
    Marcos 4, 35-41
    Publicado a 19/06/2012, 08:09 por Santiago Glez Avión
A mostrar mensagens 1 - 1 de 13. Ver mais »
Subpáginas (1) Coresma e Pascua 2012
Č
ĉ
ď
Santiago Glez Avión,
10/06/2012, 09:57
ĉ
ď
Santiago Glez Avión,
20/05/2012, 12:12
ĉ
ď
Santiago Glez Avión,
15/05/2012, 08:02
ĉ
ď
Santiago Glez Avión,
04/06/2012, 14:29
Comments