RAMÓN PIÑEIRO.LETRAS GALEGAS 2009

ESCOLMA DE PÁXINAS WEB E SITIOS DA REDE SOBRE O AUTOR,PARA O SEU USO EDUCATIVO.

EQUIPO DE BIBLIOTECA E DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO C.E.I.P. QUINTELA (MOAÑA)

 

 

 


 

 REAL ACADEMIA GALEGA  

A páxina da Real Academia Galega dedicada ao autor. O texto é de  Beatriz García Turnes, amosa algúns datos biográficos e fala da súa vida política e cultural.Cita os seus libros e publicacións.Contén fotos e imaxes.

EDITORIAL GALAXIA  

A editorial que fundou recolle nesta páxina as súas publicacións cun breve resumo.

DOCUMENTOS SONOROS DE PIÑEIRO

Na páxina do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega podemos acceder a varias gravacións con intervencións de Piñeiro en conferencias,entrevistas,discursos e programas radiofónicos.Resulta interesante a do debate no Parlamento Galego co gallo da aprobación Lei de Normalización Lingüística no ano 83.

PRAZA DAS LETRAS

Contén  unha  clara biografía do autor.

VIEIROS

 Publica a noticia  da elección do escritor   como homenaxeado nas LG 2009,e explica de xeito breve os seus méritos.


CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO 

O Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades ten na rede diversos materiais,entre eles os cadernos  do mesmo nome, algúns dedicados ao autor.

O segundo dos cadernos Ramón Piñeiro ofrece unha completa cronobiografía,non só da súa vida ,senón tamén das obras e iniciativas culturais.Explica os seus encontros e desencontros cos movementos galeguistas e nacionalistas.Tamén reúne unha serie de cartas a Pimentel,Casares,Dieste,Carlos Zubillaga e Pilar Vázquez nas que adivinamos o perfil político,filosófico e persoal  de Piñeiro.

No caderno III atopamos unha completa bibliografía e hemerografía, e no caderno V podemos ler parte da súa correspondencia con Carballo Calero,gran amigo seu.Os cinco primeiros números poden atoparse tamén na BIBLIOTECA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES, na sección LETRAS GALEGAS.

MATERIAIS DIDÁCTICOS

OLLADAS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO

Un vídeo sobre a vida do homenaxeado narrado por un rapaz de primaria.Contén imaxes dos lugares onde vivíu e entrevistas  entre outros a Fernández del Riego,Barreiro Rivas, a irmá de Piñeiro e Isaac Díaz Pardo.

SEMINARIO GALÁN

É a páxina do Seminario Permanente que cada ano ven elaborando materiais educativos sobre os homenaxeados.Inclúe documentos para descargar,actividades en liña para todos os ciclos de ensino primario e actividades sobre a propia celebración da Letras Galegas.Activa a partir de maio.

WEBQUEST DE OLGA RODRÍGUEZ DÍAZ 

 

A bibliotecaria do Ceip Milladoiro de Malpica propónnos este traballo colaborativo.Permite aos rapaces e rapazas facer unha liña do tempo sobre os datos biográficos do autor .Entre os materiais que facilita está o video de Contidos Educativos sobre Piñeiro.


LIÑA DO TEMPO VIRTUAL  

Desde o Ceip Mestres Goldar,Julia González G. amosanos esta liña do tempo cos datos máis significativos da vida do autor.