Colexio Quintela-Moaña
 


                   PROFESORADO


O CEIP de Quintela é  un centro con 6 unidades de Primaria e 3 de Infantil .

O colexio ten 17 profesores e profesoras 

                                      

 

DISTRIBUCIÓN DE ESPACIOS E HORARIOS.
No edificio central están as seguintes dependencias:

-Aulas de Primaria.

- Música e audiovisuais.

-Biblioteca escolar.

                                      -Comedor escolar.            

-Aula de Informática.

-Aula de Inglés.

-Aula de Usos múltiples.

-Aula de apoio.

-Despachos

-Sala de profesores e profesoras.

Diante do edificio central está o pavillón escolar,e no extremo mais recollido do recinto escolar está o edificio de Educación Infantil,con patio propio.


Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e de Primaria reciben clases de Educación Física, Inglés ,Informática, Música, Audición e Linguaxe e Animación a lectura.

Hai sección bilingües en Inglés no 2º e 3º ciclo de Primaria


ACTIVIDADES

 

No centro mantemos algunhas actividades propias e comúns a todos os cursos,como son as clases de Informática e de Animación a lectura,que contan con un horario propio.Tamén traballamos o horto escolar,no que cada curso ten parcela propia,onde plantamos na primavera e recollemos cando remata o curso.Estamos tamén involucrados no proxecto Voz Natura,e cada curso presentamos un proxecto diferente,no que todas as nenas e nenos traballan.

 


 

DATOS XERAIS

 

Dirección:

Quintela nº 72 Moaña-Pontevedra 36950

 

Correo colexio:

ceip.quintela@edu.xunta.es

 

Correo páxina web:

ceipquintela@gmail.com

 

Páxinas web:

http://www.colexioquintela.com

 

http://www.bibliotecadocole.com

 

 

 

Teléfono:

986311268

 

Fax:

986311268