Aquí vos traemos a listaxe das películas que atoparedes na sección

de cine da biblioteca do IES Fernando Esquío.

As obras están clasificadas por orde alfabética como vedes no menú despregable superior á dereita, e na última lapela (&) están os títulos que comezan por un número.

Se premedes na imaxe teredes acceso á entrada sobre a película no blog De cine no Esquío que seleccionamos para vos con ficha técnica e/ou didáctica, recensións, comentarios, críticas, o trailer e as veces a banda sonora.

Esperamos que disfrutedes coa nosa escolla e se atopades algún erro ou incorrección, poñédevos en contacto no correo fesquio@gmail.com


Actualizado a 8 de xuño do 2021