Os cadernos de Azertyuiop 


Amigos de Azertyuiop 

    En 20 de febreiro de 1995 constitúese legalmente na Coruña a Asociación Amigos de Azertyuiop, cos seguintes fins:

a) favorecer as actividades literarias, sexan de grupo, sexan individuais;

b) publicar “Os cadernos de Azertyuiop”, publicación non comercial, con depósito legal (C-97-1995), de acordo coa Lei sobre a propiedade intelectual, verdadeiro voceiro da Asociación, onde se publicarán contribucións quer individuais, quer colectivas, dos membros da Asociación ou de autores convidados polo Consello Directivo;

c) organizar por si mesma ou coa colaboración doutras Asociacións ou entidades públicas ou privadas, reunións, congresos, leituras, publicacións ou recitais poéticos.

    Os seus sócios fundadores foron: Tati Mancebo, Dulce Fernández, François Davó e Alfredo Ferreiro. A súas actividades fundamentais consistiron na publicación e divulgación d’Os Cadernos de Azertyuiop, pequenas publicacións de simples feitura e impresión. A través deles publicaron obras de autores galegos, franceses, mexicanos e portugueses.


Os Cadernos de Azertyuiop (1995-1999)


1.  A areia que transforma punhos e conversas ~ Alfredo Ferreiro     e François Davó.

 

2. Na hora redonda ~Tati Mancebo.

 

3. Coloriages et bouts de ferraille ~ Xavier Marotte. Edição         bilíngue de Dulce Fernández.

 

4. La arena prometida ~ Roger Colom.

 

5. O círculo escarlate ~ Pedro-Milhám Casteleiro.

 

6. Desenho de luzes ~ Amadeu Baptista.

 

7. A cidade engrinaldada ~ Alfredo Ferreiro. 

 

Série Crítica(s)

1.(A minha) nu[n]ca para vós (comentários sobre língua e as suas diferentes máscaras, que são as do fascismo) seguido de pensar o pior (extrato lógico) ~ João Valeiro.

 

Série Espectáculo

1. Amor e crimes de Juan el Pantera e Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano. Dúas farsas para títeres ~ Edición,             introdución e notas de Dulce Fernández.