VOCES DA GROBA, VOCES DE BERLÍN

Edicións Aguatinta, 2010


Voces da Groba, voces de Berlín é un libro de edición especial, moi coidada, nunha carpeta que contén relato longo de Fran Alonso e unha serigrafía do artista plástico Jorge Barbi.

A edición, limitada e non venal, consta de 200 exemplares numerados e asinados polos dous autores, e 30 exemplares máis, tamén numerados e asinados, para compromisos de edición.


«Fran Alonso recrea con sensibilidade unha sorte de confesión dun personaxe do barrio de Mitte berlinés que, dun xeito casual, arriba ás costas da serra de Groba nun momento delicado da súa vida e como a impronta deste espazo, das súas xentes e das vivencias que aquí ten determinan unha mudanza radical na súa vida.  A proposta de  Alonso, que non abandona ese hipertexto que domina a totalidade da súa produción, condúcenos ao tempo pola crónica particular da biografía do personaxe que enfila o relato, mais tamén pola presenza dos cabalos da serra como símbolo de liberdade -na realidade aí se revela o asunto central da proposta literaria, relato longo ou “nouvelle” se se quer-, polos petróglifos do lugar, por unha reflexión sobre os perigos que ameazan este espazo ou polo seu  adn representado na toponimia inmemorial que agroma na palabra dun personaxe de ficción recoñecible». Ramón Nicolás


Edicións Aguatinta

Vigo, 2010

Nº 17

Carpeta que contén unha serigrafía de Jorge Barbi e un libro co texto de Fran Alonso


Depósio Legal: VG 1145-2010


Narrativa e serigrafía