TRANSICIÓN 

Libro-CD

Franouren, 2011

Ao abrigo de Transición amarran poemas que erguen a voz e loitan, versos que non esquecen nin un só nome, poemas de sombras, de fuel; pero tamén poemas que xogan a ser música, que desfán as sílabas en compases, xogo que Fran Alonso domina con delicia, e tamén poemas onde o lector percorre a casa, os ruídos das portas dos veciños, poemas con vistas a ese Vigo que se deita como un animal adormecido. Transición é un libro de moitas caras pero, sobre todo, de moitas falas.


Por iso eu recomendo, se se me permite, ler Transición sempre con voz, pronuncialo en alto, porque  é un poemario que pide saír pola boca. É para ler en pé no cuarto ou sentado baixo as sombras dunha tarde no xardín, pide chegar coma un fío recitado para os amigos fronte ao mar, para o amante no leito, para os condutores dos vitrasas, para as mulleres que berran os nomes dos peixes nas prazas. Transición quere a vida e non dubida en pedila a berros. 

maríalado
 

Franouren

Ourense, 2011

Poesía

Colección Poesía Maldoror nº 3

Rústica, 128 páxinas

14  x 19 

ISBN: 978-84-939582-0-6

1a ed. 2011

19,76 euros

CD
Poemas recitados por Fran Alonso e María Lado