O MEU GATO É UN POETA

Edicións Xerais de Galicia, 2011

Mellor libro infantil de 2011 para a web Fervenzas Literarias

A través dos enredos dun gato poeta, descubrimos outro xeito de ollar a poesía: como algo lúdico, divertido, desmitificado. O meu gato é un poeta ten moito de xogo, de obradoiro; e bota man dos máis diversos tipos de poesía, incluíndo caligramas, xogos de palabras, poesía visual, narración, interacción, música... ao tempo que procura a interlocución coas novas tecnoloxías. O libro prolóngase na web para definir desde alí novos espazos máis alá do papel. Ademais, inclúe un CD con música de Xurxo Souto e voz de Fran Alonso recitando algúns dos poemas do libro. Unha aposta fresca, atrevida e lúdica para entender e gozar a poesía.
 

Edicións Xerais de Galicia, 

Vigo, 2011

Poesía

Rústica, 72 páxinas

13  x 20

ISBN: 978-84-9914-211-1


1a ed. 2011
2a ed. 2011
3a ed. 2012