8ª edición, actualizada e ampliada, con limiar de Carlos Negro. A poesía non morde. E, aínda quehaxa quen pense o contrario, non é aburrida, cursi nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.
| Edicións Xerais de Galicia Vigo, 2006 ISBN: 84-9782-227-7Colección Fóra de Xogo Antoloxía poética Rústica, 224 páxinas
1a ed. 2006 |