Un país a medio facer busca as claves da evolución da cultura galega nos últimos vinte anos a través das voces dos protagonistas. Hai 20 anos, as casas de ladrillo sen recubrir constituían, na opinión de Manuel Rivas, unha boa metáfora de Galicia. Mentres Rivas comezaba a destacar, un Suso de Toro irreverente aseguraba que había que cuspir sobre o retrato de Otero Pedrayo. Cando menos, iso din nas entrevistas. Algunhas delas foron contestadas e, globalmente, reflicten a cultura dun país que buscaba obsesivamente a súa normalidade. Un descoñecido Xurxo Souto teimaba en inventar Os Diplomáticos de Monte Alto mentres Antón Reixa preparaba o programa Sitio Distinto para a TVG; Uxía comezaba a súa andaina musical en solitario e o teatro galego vivía días de polémica. Desde a edición, Víctor Freixanes apostaba polos lectores, nacía Edicións Positivas e na literatura galega abrollaban novas sensibilidades ou polémicas propostas. Apenas pasaran algo máis dunha ducia de anos desde a fin da ditadura, remataban os 80 ou albiscábanse os desinhibidos 90. A través de entrevistas feitas naquela época con descadas personalidades da cultura galega feitas naquela época, reconstrúese agora o pulso dun tempo en que Galicia era un país a medio facer e vivía ese feito de xeito obsesivo, tranzando unha liña evolutiva que nos leva á Galicia de hoxe, á de Marful, á de Lupe Gómez, á de Carlos Blanco. O libro salta no tempo e viaxa, vinte anos despois, a unha Galicia que parece normal. ¿É normal?¿Aínda somos un país a medio facer? ¿Que cambiou na cultura galega nestes vinte anos?
Fran Alonso fala de «Un país a medio facer»Fran Alonso describe os anos de «Un país a medio facer» | Edicións Xerais de Galicia Vigo, 2008 ISBN: 978-84-9782-933-5 Crónica (xornalismo) Rústica, 224 páxinas |
- Todos os libros de Fran Alonso (incluídas as traducións)
- Fran Alonso
- Domicilio virtual de Fran Alonso