PERSIANAS, PEDRAMOL E OUTROS NERVIOS

Alacrán, 1992



Notas críticas

Fran Alonso, desde este libro, vai ter moito que dicir nunha poesía, a nosa, precisada de novas formas de expresión conceptuais».

El Correo Gallego, Vicente Araguas


Fran Alonso quere aprofundar na esgazadura coa corrente estétitca da nosa lírica nacional dos anos oitenta e que se caracterizou por unha excesiva carga de lirismo e moito hermetismo. (...) O roturismo de Persianas, pedramol e outros nervios maniféstase a través de aspectos que atinxen á forma e outros que teñen que ver co fondo.

A Nosa Terra, Miro Villar


 A través dos poemas imos recompoñendo a historia de dous pobres amantes pechados nunha gaiola de cemento e persianas, arredados do mundo por vontade propia e logo sen posibilidade de saír. A evolución desta incomunicación vémola a través do ollo (con vontade de soliloquio) do eu poético, masculino, dirixíndose sempre á segunda persoa, á muller coa que convive, para facer máis directa e impactante a mesnaxe. (...) A narratividade, en canto que forma de expresión poética, sobresae no texto. (...) Cada poema é unha peciña con valor de seu, pero unicamente gaña sentido na lectura fiada, pois o poemario ten unha estrutura temporal progresiva, marcada pola evolución dos sentimentos dos dous amantes. (...) Recolle o poemario cuestións universais xa clásicas a través da experiencia individual e todas as influencias que o subconsciente quixo ceibar na memoria dos versos lidos; non obstante, non está revestido dos ouros dos culturalismos vanos.

Do prólogo, de Helena Gonález


Si comenzásemos por diferenciar una primera mitad de la década de los 90 deberíamos hablar más bien de un clima preparatorio para lo que iba a ser una mayor y más intensa eclosión de nuevos poetas, ya en la segunda mitad de la década. Pero en aquellos primeros 90 empezaban a surgir algunas voces nuevas en el panorama de la lírica gallega, muchas de ellas deudoras de una generación tan brillante y cohesionada como la de los 80, otras en cambio ya disonantes con respecto a líneas poéticas
anteriores. Quisiera citar aquí alguna obra seguramente digna de poner en relación con toda esta lenta asunción de una nueva estética y a la que sin embargo no se hizo demasiado caso, como Persianas, pedramol e outros nervios (Alacrán: Vigo,1992) de Fran Alonso.

La literatura gallega ante el siglo XXI,  Yolanda Castaño



Fran Alonso fala de «Persianas, pedramol e outros nervios»


Fran Alonso recita poemas de «Persianas, pedramol e outros nervios»


Alacrán, 1991

(Edición do autor)

ISBN: 84-604-4274-8

 Poesía 

 

Reeditado en 2001 no volume Subversións (Edicións Xerais de Galicia, ISBN: 84-8302-661-9).