SUBVERSIÓNS

Edicións Xerais de Galicia, 2001

Subversións, o libro de poemas de Fran Alonso, supuxo unha entrega coa que o autor, unha das voces literarias máis destacadas da década dos 90, deu un paso adiante na súa identificable arquitectura poética. A subversión como estigma de vida e como xeito de concibir o acto creativo. A subversión como un aturuxo mestizo, profundo e dolorido que sae das entrañas do autor, ateigadas de terra, para situarnos nunha órbita planetaria desde a que Galicia se ve no Mundo a vista de paxaro. Subversións. Contra o sometemento. Contra a poesía. Contra o poder. Contra as estruturas da lingua. Contra o conformismo. Subversión: poética da liberación.  

Subversións, ademais, recompila neste mesmo volume toda a obra poética de Fran Alonso anterior a 2001, excepto Cidades.

 

EXTRACTOS DA CRÍTICA

«Ten demostrado Fran Alonso o seu xenuino e insobornable alento poético. Na entrega radicalmente nova deste volume, Subversións, os versos de Fran Alonso ábrense de orellas a músicas sucesivas e propiciatorias. Impresionantes as seis páxinas tituladas “Galicia”. Agardo que o poeta camioneiro non perda nunca as ganas de facer Ruta, nin o seu mono da tinta. A súa subversión dos feitos. Tamén é a nosa. Estamos de noraboa». (Revista Compostelán)

«Fran Alonso concibe os versos como armas cargadas de liberación. Munición hai dabondo en Subversións. Un «aturuxo mestizo» que reivindica un atenteado contra o pensamento único e fai da palabra unha arma fermosa». (La Voz de Galicia)

«Ocasión, pois para reler a obra deste escritor que, de certo, revoltou o mundo literário con Persianas, pedramol e outros nervios e recuncou na liña con Tortillas para os obreiros». (A Nosa Terra)



Fran Alonso fala de «Subversións»


Edicións Xerais de Galicia, 2001

ISBN: 84-8302-661-9 

Poesía

192 páxinas