BALADA SOLITARIA

Edições Éterogémeas, 2004


Texto de Fran Alonso / Fotografías de Renato Roque 

A partir dunha proposta de Luis Mendonça –editor das Edições Éterogémeas (Porto, Portugal)–, o escritor galego Fran Alonso escribiu un texto poético para a colección Curtocircuito que foi ilustrado polo coñecido fotógrafo portugués Renato Roque. En Balada solitaria, o autor vigués reflexiona –nun desgarrador poema– sobre a soidade e os cambios nas relacións humanas das sociedades contemporáneas.  

En Balada solitaria fúndense dúas linguaxes, propias e distintas, para contar unha historia (a do texto de Fran Alonso e a das fotografías de Renato Roque), dúas linguaxes que sintonizan, se entenden e complementan a partir da súa diferencia, da diverxencia dos seus soportes, para crear unha mesma tensión narrativa. De tal modo, o autor literario e o autor gráfico consiguen en Balada solitaria unha gran harmonía, a harmonía, se cadra, do desacougo, para repensar a individualidade da sociedade actual. 

O libro preséntase como un poemario, aínda que se apoia sobre unha estrutura narrativa, unha confusión deliberada por parte do escritor, quen recoñece que busca difuminar os lindes entre xéneros e prefire contemplar a súa obra dende unha perspectiva global. 

O prólogo do libro correu a cargo de Teresa Siza, directora do Centro Português de Fotografia, dependente do Ministério de Cultura portugués. 

 

Caligrama feito polo fotógrafo de Renato Roque feito a partir dos textos de Balada solitaria, con posterioridade á súa publicación.


Edições Éterogémeas

 Porto, 2004

Depósito Legal: 218944/04

Poesía

Colecção Curtocircuito

15 x15, 34 páxinas

Capa: Munken pure 240 grms

Interior: Munken puere 150 grms

Cosido e brochado à capa

Bell Ghothic BT tipografía

Balada solitaria en Andel Virtual