A ARAÑA E MAIS EU

Kalandraka, 2009

Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil 2009

Texto de Fran Alonso / Fotografías de Manuel G. Vicente

 

Sinopse:

Un día alegre, de súpeto, una araña gorda e fea... brincou desde o ceo para aterrar no meu corpo. A descarada, primeiro explorou unha deda do meu pé, avultada coma un kiwi. Logo, subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel dunha mandarina.

O libro:

Un álbum de gran beleza artística e literaria, ideal para todos os públicos, desde os primeiros lectores ata os adultos, pola delicadeza coa que as palabras percorren a xeografía do corpo humano na figura dunha nena, comparando cada parte cunha froita, a través da súa forma, tamaño e textura. O recurso da araña, considerado socialmente como un animal pouco agraciado, proporciona un sutil contraste e mesmo un certo toque de humor, facendo partícipes os lectores das sensacións que percibe a protagonista do relato ante o itinerario que realiza o insecto. Esta obra ofrece un achegamento visual e poético ao corpo humano. 

Kalandraka

2009

ISBN: 978-84-8464-534-4

Álbum Ilustrado

22 x 22 cm.

48 páxinas en cartoné

Edición en galego, español, portugués e inglés.