A LÚA NO PROBADOR

Diaro 16 de Galicia / Editorial Grupo Acsa, 1992


A lúa no probador publicouse en 1992, formando parte, co número 80, da colección Biblioteca de Autores Galegos, que o Diario 16 de Galicia editou para repartir, de forma gratuíta, co exemplar diario do xornal. De A lúa no probador repartíronse, o 11 de marzo de 1992, entre 10.ooo e 15.000 exemplares por todos os quioscos de Galicia.

A lúa no probador reúne catro relatos e oito poemas escritos entre 1986 ("As mulleres do Sáhara") e 1990 (o o poema "Tívenlles tanto medo"). Todos eles son, daquela, anteriores á escrita de Tráiler (a primeira novela de Fran Alonso) e de Persianas, pedramol e outros nervios (o primeiro poemario do autor). Con anterioridade, publicáranse nalgunhas revistas literarias (moi especialmente a revista Ólisbos) ou volumes colectivos e foron reunidos especificamente para a publicación deste volume. Son, sen dubida ningunha, textos literarios de aprendizaxe.
 O derradeiro relato do libro («O mañá depende de nós») recibira, no seu día, o Premio Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene (1990) e o relato que dá título ao volume tamén fora galardoado nun certame universitario.

Diario 16 de Galicia

Vigo, 1992

Depósito Legal: VG 144-1992

Colección Biblioteca de Autores Galegos

Poemas e relatos

Ilustracións: Avelino R. Cuíñas