Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun
referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación
de actualizar temas e formas. No libro, entrañable e intimista, a cidade
convértese nun ser vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina
énchense de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo e
sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita unha ollada
tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da infancia e adolescencia.
Cidades é unha porta para que os máis novos entren na poesía.
Fran Alonso fala de «Cidades» |