Tráiler é unha obra plural, ateigada de puntos de vista e de voces narradoras, cheas de tipos do asunto, tipos da estrada. (El Correo Gallego) Tráiler mergúllano no mundo actual. Sentimos as presas ilóxicas, a anguria e agresividade, a importante presenza das comunicacións. E ao carón atopamos o home inamovible tradicional, cos seus costumes e valores de sempre (C. Ríos Panisse, Grial). Tráiler é, ao meu entender, a novela máis conseguida dos últimos decenios en lingua galega (...) Pepe afonda no individuo concreto, Xenaro na relación de parella e Lino no sentido do clan, da familia e do sangue . (...) Sexo, perigo e un final desengañado, sería un guión estupendo para unha road movie europea (A. R. López-Vázquez, Reseña de Literatura, arte y espectáculo). De Tráiler sigo pensando que é unha das mellores novelas da narrativa galega actual. (Byron, Sete Días).
Fran Alonso fala de «Tráiler»
| Edicións Xerais de Galicia Vigo, 1991 ISBN: 84-8302-250-8 Narrativa
|