Un neno
centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun
fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven apenas teñen para comer e
unha guerra non declarada ameaza os campesiños. Taquín, o
mestre dunha escola á que non vai ninguén, fai que o neno acabe por perderlle o
medo á noite e descubra o sentido da vida. Un texto comprometido, a contracorrente, que nos emociona e nos fai lembrar que as palabras agardan ocasións coma esta para amosarnos toda a forma que agachan no seu interior» Agustín Fernández Paz
Fran Alonso fala de «O brillo dos elefantes» | Edicións Xerais de Galicia Vigo, 1998 Colección Merlín ISBN: 84-9782-454-7 Narrativa Rústica
|