Males de cabeza deita unha ollada sobre a condición humana na que o autor nos sorprende, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, coa súa persoalísima escrita, a través dunha narrativa áxil e dunha estructura de grande orixinalidade. Da man de diversos personaxes cos que sen dúbida ningunha acabaremos identificándonos, Fran Alonso ofrécenos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a todos nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a tolemia. Males de cabeza, cos seus xogos narrativos e ese nervio vitalista que atrapa a quen le, configúrase como un espello que compendia a obra literaria do autor.
Fran Alonso fala de «Males de cabeza» | Edicións Xerais de Galicia Vigo, 2001 ISBN: 84-8302-546-9 Narrativa Rústica, 208 páxinas
|