CONTESTA OU DISPARO

Domicilio Virtual edicións, 2011

Contesta ou disparo é un libro que contén 34 entrevistas breves, rápidas e de aire frívolo, feitas por Fran Alonso en 1991, desde o Diario 16 de Galicia, a 34 persoas da cultura e da política galega: Isaac Díaz Pardo, O Mago Antón, Mariano Abalo, Julián Hernández, Justo Beramendi, Chano Piñeiro, Manuel Forcadela, Miguelanxo Prado, Alberto González Alegre, Xosé Luís Blanco Campaña, Couceiro, Carlos Casares, Os Diplomáticos de Monte Alto, Alfonso Eiré, Manuel Moldes, Roberto Vidal Bolaño, Luís Mariño, Carlos Mella, Antón Baamonde, Roberto Cordovani, Atilano, Xaquín Marín, Ramón Villares, Xosé Luís Suárez Canal, Margarita Ledo, Manuel Guede, Miguel Cancio, Valentín Carrera, Pemón Bouzas, Suso Costas, Miguel de Lira, Carlos Blanco, Luma Gómez e Laxeiro.

Contesta ou disparo é un libro de xornalismo, humilde pero simpático; lixeiro pero que, ao tempo, recupera a memoria de noso; fugaz pero tamén significativo.

Está editado baixo licencia Creative Commons e acceso libre para celebrar os 20 anos de escrita pública do seu autor (1991-2011).



Domicilio Virtual, edicións

Vigo, 2011

Edición dixital, 88 páxinas

formatos:

—pdf
—epub


13,5  x 20

Depósito Legal:

VG 581-2011


Xornalismo