O meu gato é un poeta

Recensión de O meu gato é un poeta
La Voz de Galicia, 7 de marzo de 2011
Sección «Recomendacións»

Ramón Nicolás


Libro-espectáculo

Estaba por chegar un libro de poesía para primeiros lectores que, sen desatender o aspecto lúdico, asumise unha concepción interartística e multimedia, e Fran Alonso foi quen de artellalo, seguindo o ronsel iniciado con Cidades e Poetízate, cos que contribuíu a desacralizar tanto a dinámica creativa da poesía como o que atinxe ao proceso da súa recepción. Velaquí unha sorte de libro-espectáculo, con versións musicais de algúns poemas a cargo de Xurxo Souto e a opción de seguir xogando coa poesía nunha web interactiva creada ad hoc, onde o discurso creativo repousa nas palabras dese gato lírico e sorprendente, concibido cun orixinal deseño que se inspira en ferramentas tipográficas.

A crítica en pdf