Ventana exterior‎ > ‎

A vidrieira do atlantico

publicado a la‎(s)‎ 27/1/2010 9:34 por Javier Fernández Lamas

O BNG DENUNCIA QUE “O PP TANTO NO CONCELLO COMO NA XUNTA INCUMPRE OS SEUS COMPROMISOS ELEITORAIS PARA SALVAR VIDRIERA DEL ATLÁNTICO”

Xinzo de Limia, 23 Decembro 09.  O responsábel comarcal do BNG da comarca de a Limia, Xosé Manuel Pérez Bouza, denuncia que “o PP incumpre claramente os compromisos que fixo durante a campaña electoral das eleccións autonómicas para salvar Vidriera del Atlántico, provocando coa súa inanición que a totalidade dos traballadores poidan perder os seus postos de traballo”.

 

Pérez Bouza lembra que “este comportamento contrasta co que tivo no seu día o BNG, que cando participaba do goberno da Xunta de Galiza, comprometérase co BA Glass empresa propietaria de Vidriera del Atlantico, a iniciar de inmediato a ampliación dos terreos no polígono industrial, a achegar o gaseoducto até a fábrica e mesmo a estudiar a posibilidade de outorgarlle unha axuda para o recambio do forno”.

 

Sen embargo, o responsábel comarcal do BNG denuncia que “pasados xa seis meses dende que o PP está na Xunta de Galiza, non fixeron nada do comprometido por eles, nin lle deron continuidade ao feito polo BNG,  contribuíndo decididamente coa súa desidia ao peche da fábrica”.

 

Neste sentido, Xosé Manuel Pérez Bouza subliña que “o BNG acordou nunha recente xuntanza do seu Consello Comarcal, solidarizarse cos traballadores, porse a súa disposición, así como transmitirlle todo o seu apoio”.

 

Ademais, o máximo órgano de dirección do BNG na comarca, esíxelle á Xunta de Galiza e á empresa que “fagan tódolos esforzos posibles e adopten con celeridade todas as medidas necesarias para que A Limia non perda esta importante empresa e con ela os seus postos de traballo”.

 

Por último, o responsábel comarcal do BNG denuncia que “Isaac Vila, tras recibir miles de euros de axudas públicas para por en marcha en 2001 a fábrica, fixo desde o inicio unha nefasta xestión de Vidriera del Atlantico o que tivo como consecuencia que a empresa entrara nunha situación de perdas continuadas. Esta situación deuse por que Vila nunca considerou a Vidriera del Atlantico, como un proxecto empresarial forte e con futuro, xenerador de riqueza na comarca, senón que unicamente utilizou este proxecto empresarial, con fins partidista, utilizando as espectativas de xeneración de emprego, como arma electoral”

Comments