Avisos e Cousas de interese






O plazo para pedir axudas pola riada  ampliase a maio.


El Concello de Xinzo, tras consultar con la Subdelegación del Gobierno en Ourense, amplió hasta el 26 de mayo el plazo de admisión de solicitudes de indemnización a causa de los daños ocasionados en propiedades públicas y privadas por las riadas de febrero.

Este extremo fue confirmado por el teniente de alcalde, Daniel Blanco Rodríguez, después de que el concello limiano cerrase este plazo el pasado martes, día 23 de marzo. Según Blanco, “hay esa posibilidad legal de ampliar el plazo, aunque insistimos a las personas que quieran solicitar esas ayudas en que las presenten cuanto antes, ya que enviamos una primera remesa de 130 peticiones que están siendo ya verificadas'.

Según Blanco, “las solicitudes serán verificadas por técnicos del Gobierno central, que es la administración que concederá esas subvenciones'.
La lluvia provocó ayer nuevos anegamientos en centenares de hectáreas de cereal de la comarca de A Limia, que habían comenzado a secarse en las pasadas semanas. En muchas de estas parcelas, sobre todo en el municipio de Sandiás, el tono marrón de las nacientes plantas de trigo indica que están putrefactas por la cantidad de líquido acumulado desde finales del año pasado.

El decreto del Gobierno que reconoce el derecho de ayudas por las riadas, circunscribe los daños que serán subvencionados a cuatro municipios ourensanos: Xinzo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos y Ourense. 


Fuente:  La Región




Festival de música contra o decretazo

Logo



























Temos que parar o decretazo contra o galego



Enviamos adxunto un modelo de alegacións contra o decretazo contra o galego para enviarmos ao enderezo alegacions.decreto.plurilinguismo@edu.xunta.es e remitir copia para faceren seguimento ao enderezo alegacions.decretazo@queremosgalego.org.

Se queres, para facilitar este trámite, podes enviar a alegación utilizando o seguinte formulario. formulario


O obxectivo destas alegacións é mostrarmos directamente á Consellaría de Educación, dirixida polo Partido Popular, a oposición da maioría da sociedade galega a este decretazo.









Plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO

 

O 14 de xullo pasado constituíuse formalmente no Museo do Pobo Galego a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, a partir dun grupo inicial formado por máis de 40 entidades sociais tanto de ámbito nacional como de ámbito local e comarcal, así como de persoas a título individual que se quixeron sumar a ela. 

A plataforma cidadá nace coa pretensión de unir persoas, colectivos e institucións da máis diversa natureza baixo tres premisas básicas: 

1.- A lingua galega é patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo galego, e as institucións públicas teñen a responsabilidade e obriga de protexela e promocionala. 

2.- A normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo, polo que desde as institucións públicas non se poden tomar medidas que desprotexan ou reduzan a presenza do galego en ningún ámbito. 

3.- Os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos asinados por todos, e o consenso para a lingua galega está no fixado no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2004, así como na Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, ratificado por unanimidade polo Congreso en 2001. 


A plataforma QUEREMOS GALEGO comeza a súa andaina sobre dúas propostas de traballo concretas: o impulso e desenvolvemento dunha Iniciativa lexislativa popular para garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos e a convocatoria dunha gran mobilización nacional en Santiago de Compostela para o 18 de outubro.

As persoas e entidades que promovemos a plataforma cidadá en defensa da lingua na comarca de Ourense temos como obxectivo afortalar e alargar a súa estrutura. Pretendemos convidar a todo tipo de entidades, da tipoloxía máis diversa, así como persoas individuais, para que se sumen ao que queremos que sexa un espazo común aberto á participación no que converxan todas aquelas persoas, sectores e propostas que hoxe están a responder á agresiva e regresiva política lingüística do goberno galego.

 




 Un saúdo.

 Susana García
 Zona de Ourense da Mesa
 

Embiado por Alberto Manso
Ċ
Javier Fernández Lamas,
2 feb. 2010 8:22
Comments