Plenos do Concello

- Pleno celebrado o 26 de novembro de 2009-
- Mocións ou preguntas do Bng -
26 de novembro de 2009 
(A alcaldía levanta a sesión cando o representante do BNG inicia o turno de preguntas
relativas a moción sobre a implantación da ZEPA . )



MOCIÓN SOBRE A IMPLANTACIÓN DA ZEPA


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No pasado mes de xullo a Xunta De Galiza a través da Consellería do Medio Rural, ven de presentar ante as autoridades comunitarias unha proposta de delimitación dunha Zona de Especial Protección de Aves na Limia, que afecta a unha superficie aproximada de de 7000 hectáreas.
Esta iniciativa está provocando, novamente, unha fonda preocupación entre a población da comarca da Limia, e de xeito especial entre aqueles vinculados á agricultura e a gandería, polas posibles consecuencias negativas que esta podería ter sobre a actividade agrogandeira, dunha das comarcas máis dinámicas de toda Galiza.
Durante todos estes anos esta actividade agrogandeira, foi perfectamente compatible coa presenza e conservación das aves nesta zona, en moitos casos mesmo foi a que contribuíu a perservar as condicións e os ecosistemas idóneos para o asentamento destas aves.
Para o Grupo Municipal do BNG, consideramos que calqueira instrumento ou normativa que se adopte debe garantir que poidan seguir sendo compatíbles coa actividade agrogandeira na Limia e, que polo tanto, este é un factor chave que se debe ter en conta a hora de establecer tanto a delimitación territorial como os demais aspectos relativos á eventual aprobación da ZEPA.
Ademáis una proposta de declaración de ZEPA, debe ser previamente negociada e acordada cos colectivos afectados, co obxectivo de establecer todas as garantías de que en ningún caso haberá afectación ás actividades do sector agrogandeiro, que son o autentico motor do desenvolvemento económico desta comarca.
É por todo isto que para o BNG, resulta absolutamente rexeitable o comportamento do Goberno da Xunta de Galiza, por tramitar de xeito oscurantista e de costas aos colectivos implicados esta nova proposta de zona ZEPA para a comarca de Limia.
Sendo en base ao anteriormente exposto, que o grupo municipal do BNG, somete á consideración do Pleno a toma en consideración do seguinte
ACORDO:


1º- Esixir a Xunta de Galicia, que de xeito inmediato convoque a todos os sectores afectados, agricultores, gandeiros, organizacións agrarias, concellos,… para facilitarlle información dos termos nos que se formulou a proposta de zona ZEPA para a comarca da Limia, envíada a UE.

2º- Que o non estar dacordo os sectores afectados,  agricultores, gandeiros, organizacións agrarias, concellos,… se revise integramente o proxecto de decreto por medio do cal preténdese declarar zona ZEPA un amplo sector da comarca da Limia, debido a incidencia negativa que este proxecto terá na economía da comarca, en especial nos sectores agrogandeiros do Concello de Sandiás.


3º- Rexeitar o xeito oscurantista co que foi tramitada esta proposta por parte da Xunta de Galicia, sen contar coa opinión dos sectores afectados.





MOCIÓN SOBRE A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
As nais e os pais do alumnado levan décadas loitando por unha mesma causa: que os libros de texto escolares sexan gratuítos para as familias con fillos e fillas matriculados en colexios públicos e concertados. Se como di a Constitución española no seu artigo 27.4 o "ensino básico é obrigatorio e gratuíto", os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo. Tal e como está configurado o sistema educativo, o libro é aínda un elemento imprescindíbel que as familias están obrigadas a adquirir cada comezo de curso. En realidade, ao esixir este esforzo económico non se cumpre co precepto constitucional, nin se  garante a igualdade de oportunidades de todos e todas á educación. 
Por Orde de 6 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galiza do 12 de xuño), convocouse o programa de gratuidade de libros de texto nos centros de ensino sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos, e estabelecéronse as súas normas de organización e funcionamento como un servizo fundamental á sociedade por parte dos poderes públicos, como servizo de préstamos que favorece a igualdade de oportunidades entre o alumnado e inculca valores de solidariedade, conservación do material para a súa reutilización por outras persoas e coidado do ben colectivo. 
No curso 2009-2010 dase un paso atrás, cunha obsesión da actual Consellaría de Educación de desmantelar os logros conseguidos en etapas anteriores argumentando  que non adoptara aínda medidas concretas sobre o programa impulsado polo goberno anterior con presenza do BNG.
Rexeitamos que unha das primeiras medidas que pon en marcha o goberno do PP  sexa a de apoiar os recortes sociais. Desde o BNG, queremos lembrar, que a día de hoxe hai en Galiza 82.000 familias agardando que a Consellaría de Educación defina a súa política en materia educativa, porque aínda non saben que vai pasar cos libros de texto no vindeiro curso académico e qué vai pasar co programa de gratuidade dos libros de texto.
Consideramos inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, anunciada polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na sesión do Consello Escolar de Galiza do 18 de xuño, admitidas tamén polo presidente da Xunta de Galiza. Esta proposta de recorte, xunto con outras que a Consellaría de Educación está levando adiante nestes primeiros meses do seu mandato, supón unha medida regresiva que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino, e evidencia unha vez máis a política neglixente que este goberno está a levar a cabo.
Esta medida non pode ser a resposta do Goberno aos problemas económicos na actual situación, tal e como argumentou o conselleiro. De feito, nun contexto económico precario, o Goberno debe manter a gratuidade dos libros de texto para favorecer a economía das familias, e non usar a crise como pretexto para artellar discrecionalmente calquera tipo de política, mesmo aquelas que supoñen un ataque frontal ás garantías fundamentais polas que o Goberno debe velar. Esta política supón un paso atrás no plano educativo e social.
A tres meses da toma de posesión non sabe qué política educativa vai empregar, finalizando o curso cun total desconcerto e desconfianza por parte das familias. 
É curiosa a maneira de entender a responsabilidade deste novo goberno que, por unha banda, realiza unha absurda enquisa ás nais e aos pais sobre a língua na que queren os contidos dos libros de texto e, pola outra, toma despoticamente a decisión de eliminar a gratuidade dos mesmos. 
Finalmente, debemos recordar que o sistema creado polo anterior goberno da Xunta de Galiza introducía a solidariedade de compartir os libros, e que existen 82.000 familias agardando unha decisión.
Por todo isto, o BNG propónlle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte 
ACORDO
Instar á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.





MOCIÓN PARA O CAMBIO DE USO DUN CENTRO SOCIAL A CENTRO DE DÍA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No seu discurso de investidura, o actual presidente da Xunta de Galiza comprometeuse a construír un centro de día en todos os concellos con poboación superior aos 1.500 habitantes, é dicir, nun total de 261 concellos galegos. O BNG non vai deixar de amosar a súa satisfacción polo que significaría esta medida para os concellos de Galiza, tendo en conta ademais que en 16 anos de goberno do Partido Popular, entre 1989 e 2005, non se construíu nin existía un só centro de día público no noso país fronte aos 57 promovidos polo BNG desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza entre 2005 e 2009.
Tendo en conta os 57 centros xa existentes, o compromiso do presidente da Xunta permitiría a posta en marcha de 204 novos centros de día públicos para persoas maiores. Inxente traballo que merece o apoio e ofrecemento do BNG para colaborar en conseguir este obxectivo.
Posto que no noso concello non existe centro de día, xa que o edificio esistente foi inaugurado como CENTRO SOCIAL, iso si, despois de fartarse a nos Alcaldesa de dicir que seria un CENTRO DE DÍA,  é que ten máis de 1500 habitantes, o noso concello será beneficiario durante esta lexislatura da reutilización e acondicionamento dun centro de día. É preciso, polo tanto, que esta actuación se planifique e realice no menor tempo posíbel, e que coñezamos os detalles da súa execución (licitación, prazo de execución, orzamento, …) así como a futura prestación do servizo (número de prazas, cadro de persoal, …)
Por isto solicitamos do Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO
O Pleno do Concello insta á Xunta de Galiza a: 
  1. Que proceda a licitar o acondicionamento, mellora ou ampliación do CENTRO SOCIAL e o converta no centro de día prometido pola Alcaldesa, e mailo Presidente da Xunta para este concello, no seu discurso de investidura.
  2. Que informe a este concello sobre orzamento, prazo de execución da obra e posta en funcionamento do centro de día.
  3. Que informe a este concello dos servizos que prestará o centro de día, do número de prazas e do cadro de persoal.








- Pleno celebrado o 28 de maio de 2009-
- Mocións ou preguntas do Bng -
 

PREGUNTA

Tras recibir contestación con data 04/05/2009 a pregunta formulada para coñecer as solucións que esta corporación municipal ia a tomar para completar as obras da remodelación da Capela de SANTA MARIÑA en Piñeira de Arcos.
Desexariamos coñecer cales son os"probemas"que presenta PATRIMONIO?

RESPOSTA: Esta pendente dun estudio por parte de Patrimonio, e seria necesario buscar financiación.

E decir, rematado o obradoiro de emprego, o único que se lle fixo foi votarlle un tellado, por medio dunha empresa privada, xa que o obradoiro carecia de modulo de carpinteria, e danos a impresión de que non se vai facer nada mais.


PREGUNTA

Con data 20/02/2009 concédeselle  por parte da Deputación de Ourense, o abeiro de Plan Base 2009, ao Concello de Sandiás a cantidade de 42.370 euros para o adecentamento da antiga escola de Piñeira para uso de velatorio. 
No pleno convocado para o dia 26/03/2009 o grupo minicipal do BNG demanda desta Corporación Municipal que se reconsidere a ubicación do velatorio de Piñeira de Arcos, e que este sexa construído na Casa Rectoral.
A esta demanda responde a ALCALDESA-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SANDIAS que se fai onde o permite o Plan Xeral de Ordenación Municipal. (ver contestacións da ALCALDESA de 04/05/2009).
¿Polo tando desexariamos saber se o Plan Xeral de Ordenación Municipal permite a adecuación dunha pequena parte da Casa Rectoral de Piñeira de Arcos para uso de velatorio, o igual que se fixo en Sandiás, ou pola contra non o permite?
De permitirse a sua adecuación
solicitamos novamente desta Corporación Municipal que se reconsidere a ubicación do Velatorio de Piñeira de Arcos, e que este sexa Construído na CASA RECTORAL.

RESPOSTA: o plan Xeral de Ordenación Municipal permite a obra, pero é necesario facer un plan parcial para a zona, cousa que esta CORPORACIÓN MUNICIPAL    NON VAI FACER.

EN SANDIÁS SI SE FIXO ESE PLAN PARCIAL, SI SE ACONDICIONOU A RECTORAL PARA VELATORIO,

EN PIÑEIRA E EN COUSO NON SE FAI PORQUE NON LLE INTERESA A CORPORACIÓN MUNICIPAL.


- Pleno celebrado o 12 de maio de 2009-

Celebrouse pleno extraordinario para  a designación mediante sorteo dos membros das mesas electorais correspondentes as elección o Parlamento Europeo 2009



- Pleno celebrado o 17 de febreiro de 2009-
Pleno extraordinario e urxente perante a situación de conflicto colectivo laboral na empresa Vidriera do Atlántico, S.A.
Por unanimidade aprobase a celebración do pleno cos votos do P.P. (3) - PSOE (3) - BNG (1) no que se pide:

Elevar pedido formal aos responsables do "Grupo B&A Glass" do que depende a factoria, de que empeñen o máximo
esforzo para conseguir que este conflicto laboar e empresarial desemboque nun acordo amistoso, rápido e xusto
para ambas partes (..).

Ofrecer formalmente ós responsables deste grupo empresarial a mediación do Concello (...), asimesmo instar perante
a Comunidade Autonoma o financiamento que permita levar o pé da fábrica o recurso enerxético do gas natural, de
vital importancia para abaratar custos e mellorar os rendementos deste emprendemento fabril.

Facer constar, finalmente, a solidaridade do concello cos operarios en paro da "Vidriera do Atlántico, S.A. (...).

Concluida a lectura e trala intervención do grupo PSGA-PSOE, nós dendo o BNG queremos deixar tamén constancia
do noso apoio a proposta pero QUEREMOS QUE SE FAGA UNHA MODIFICACIÓN para que a solicitude de financiamento
non sexa só para a fabrica, senon para o parque industrial de Xinzo de Limia e NATURALMENTE PARA O POLIGONO
INDUSTRIAL DO CONCELLO DE SANDIÁS.

- Pleno celebrado o 2 de febreiro de 2009-

Celebrouse pleno extraordinario para  a designación mediante sorteo dos membros das mesas electorais correspondentes as elección o Parlamento de Galicia 2009


Comments