bng-Sandiás 2009

Axenda BNG



 
 

 


 

 

 

 



Durante as pasadas eleccións a presidencia da Xunta de Galicia, a alcaldesa xuntou o concello nos pobos das parroquias de Piñeira de Arcos e Couso de Limia, para dicirvos que quere facer un velatorio nas parroquias de PIÑEIRA e COUSO, igual que o ten en SANDIAS,  pois ben, según ela non pode facelo na rectoral de ningunha das dúas parroquias (que o bispado pon a súa disposición sen ningún tipo de problemas)  pois di que a Consellería de Cultura e mais Patrimonio non deixa por mor da antigüidade e valor histórico da igrexa , pois ben,   tanto na Consellería de Cultura como en Patrimonio nas cales ten competencia o BNG non se presentou ningunha solicitude do concello de SANDIAS para facer ditos velatorios, e non se informou negativamente a súa construción.  A nosa pregunta é  ¿Por qué en SANDIAS se fixo? . Pois ben si que se pode facer na rectoral de calquera das dúas parroquias, sempre e cando os veciños así llo soliciten o bispado e llo esixan o concello.  A ALCALDESA solicitou da DIPUTACIÓN unicamente a construción dun Velatorio en PIÑEIRA, (enganando novamente os veciños de Couso), este velatorio terá un custe de 42.000€ dos cales a súa maioría serán aportados pola Xunta e o Estado, outra proba de que a DIPUTACIÓN NON INVIRTE TANTO COMO DI A NOSA ALCALDESA NO CONCELLO.


Dixo tamén que non se lle dan cartos dende a XUNTA DE GALICIA para poder facer nada, que non vos engane , mente unha vez mais, as consellerías nas que o BNG tiña competencias si invertiron  no concello de  Sandiás:                                                     


  • Consellería de vivenda: inverteu mais de 60.000€ en airas en SANDIAS,COUSO e VILLARIÑO que todos as podedes ver.  Para este ano 2009 concedéronse case 50.000€ para facer un espazo publico anexo a casa da cultura.  
  • Consellería de industria : concedeu  89.000€ para o arranxo do coro e mailo cortaventos da igrexa de SANDIAS. Tendido eléctrico ata a depuradora de Couso 50.000€.
  • Consellería de  medio rural : arranxo de todas as pistas que estaban deterioradas así como a limpeza dos canais da veiga favorecendo así os accesos as parcelas a tódolos agricultores,  incluíndo as ridículas peticións da alcaldesa de asfaltar o acceso o HIPODROMO que é da DEPUTACION, accesos o deposito de auga en Piñeira e o punto de captación de auga de Cardeita, e que nos considerabamos que eses cartos podíanse haber empregado en asfaltar accesos a granxas (que hai moitas no concello) sen uns bos accesos para os camións pero parece que a alcaldesa as necesidades dos veciños non lle importan.


Esta consellería tamén se comprometeu a facer a concentración parcelaria en CERREDELO e COUSO que os veciños tantos anos levan aclamando e a que ela se opuxo publicamente con BANDOS que o demostran e que gardamos por se  a alguén se lle esquece, e que agora que o BNG trata de sacar adiante a concentración ela di que nunca se opuxo. Tamén a consellería se comprometeu o ensanche  e acondicionamento da estrada de COUSO a CERREDELO, que as obras comezarán en outubro deste ano (sempre que a alcaldesa non poña mais trabas). Tamén se esta a traballar para a implantación do regadío na zona de Couso-Vilariño, grazas a unión co concello de Vilar de Santos, porque a nosa ALCALDESA oponse tamén a esta medida.


  • Consellería de igualdade e benestar social:  esta Consellería aporta a maior parte do presuposto para as seguintes actuacións do Concello, xa que o Concello non pode pagalas por si só. PAI (Punto de Atención Infantil), Centro Social de Sandiás, Xantar a Domicilio, Persoal de Axuda as persoas maiores no seu Domicilio, Servizo 065 (Servizo de apoio a mobilidade para desprazarse o médico, etc…). Todas estas axudas puxéronse en marcha nestes catro anos de goberno do BNG na Xunta, axudas que son para tódolos veciños do Concello de Sandiás que as necesiten sen que poida ser considerado como un favor que presta a ALCALDÍA.  


En canto o tocante o polígono industrial ningún membro da oposición se opuxo senón que consideramos que xa tiña que estar feito hai moitos anos, pero facelo coa aprobación dos veciños, facelo con unha empresa publica (XESTUR) igual que o fai o Concello de Xinzo, o Concello de Allariz, o Concello de Vilar de Santos, non con unha empresa privada, para lucro duns cantos, que desde logo non serian os veciños do Concello de Sandiás, nin os Comuneiros, que se quedarían sen as súas terras, e que non verían un duro por elas.


Agora tamén vos dixo que do goberno central se recibiron 269.000€ e que os vai inverter todos en SANDIAS e non e que non esteamos de acordo con que faga obras en SANDIAS , pero eses cartos veñen para o Concello polo numero de habitantes que ten o Concello a nosa pregunta é ¿o resto da xente dos outros pobos non pertencemos o Concello?. 


Para rematar recordarvos que sodes vos, os veciños, os que podedes cambiar moitas das cousas, como facer o velatorio nas reitorais o da concentración parcelaria, ou o regadío, non só co voto senón tamén ca unión da xente porque a unión fai a forza ; nos dende a oposición só dicirvos que estamos aquí para axudarvos e informarvos se tedes algunha dubida. DEFENDAMOS OS INTERESES DO NOSO CONCELLO QUE SON OS NOSOS INTERESES.


  




Atentamente, Xosé Xavier Fernández Lamas,

portavoz do BNG de SANDIAS.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
©2009, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Sandiás
32692 Sandiás - Ourense 
www.bng-sandias.org | sandias@bng-galiza.org

 

Comments