SENTADA LECTORA
EN GONDOMAR

A rebelión da lectura


A primeira Sentada Lectora celebourse o día 22 de abril de 2012, organizada por Espazo Lectura, que convocou á cidadanía na Alameda de Gondomar nun acto de reivindicación cívica a favor da lectura. Os asistentes levaron canda si un libro coa finalidade de sentar no chan e encher a Alameda de persoas e libros.
Logo dunha actuación musical do grupo Migallas, moi especialmente para o público infantil, os asistentes permaneceron sentados no chan da praza lendo en silencio durante 15 minutos. A continuación a actriz e escritora Paula Carballeira e a xornalista Araceli Gonda leron un Manifesto a favor da lectura.
O acto despediuse coa actuación do coro Cantares do Brión, de Vincios.

Con este acto, Espazo Lectura quixo, nun momento de crise, reivindicar que o valor da lectura e da cultura é máis importante ca nunca para construír unha cidadanía  libre e para dotala de futuro e de esperanza.

O lema da convocatoria foi «ÚNETE Á REBELIÓN DA LECTURA», así como «Onde hai libros, hai futuro».

a