NOITES GOLFAS

Lugar: Casa da Lectura
Coordinador: Fran Alonso

As Noites Golfas de Espazo Lectura teñen carácter trimestral e celébranse os sábados, ás 22,30 horas, na Casa da Lectura (Donas, Gondomar).

As Noites Golfas tratan de ofrecer ao público adulto espectáculos interdisciplinares que teñan que ver co libro e a lectura, pero que o aborden desde a música, o escenario, a performance, o teatro, o espectáculo, etc. Algunhas das Noites Golfas de Espazo Lectura foron as intervencións dos combates poéticos dos Poetas da Hostia; o espectáculo «Vida de divo», do trío Cabraret; os «haicús» musicais de Leo i Arremecághona; ou o espectáculo poético performativo «Opera aperta», do músico Julián Hernández e o poeta Manuel M. Romón.