OS MÉRCORES DA CASA DA LECTURA

Lugar: Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, 36388 Gondomar)
Día: Todos os mércores (agás festivos e vacacións escolares)
Hora: Apertura: 17,30 h. / Actividade: 18,30 h
Coordinadora: Bea Pereiro


A actividade principal e fundacional da Casa da Lectura é a que se realiza todos os mércores pola tarde, entre as 17,30 e as 20,30 horas. Trátase dunha actividade de fomento da lectura con vocación interdisciplinar que adoita ter dúas partes: unha primeira de lectura de contos ou poemas e unha segunda parte na que os asistentes participan realizando algúnha actividade relacionada cos textos que se leron previamente. Cada unha das actividades dos mércores é realizada por unha persoa distinta que propón o enfoque que considera pertinente. Á marxe de que de cando en vez se integren persoas convidades, estas actividades son realizadas por un equipo aberto de voluntarios no que se pode integrar calquera persoa que así o desexe.

Esta actividade complementa a sesión do Contomar, contacontos que a asociación Espazo Lectura leva a cabo todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar, fixando deste xeito unha programación estable que, partindo do asociacionismo, se singulariza pola súa dimensión e especialización.

A Casa da Lectura é un espazo de promoción dos hábitos lectores e dinamización en torno ao libro.

A coordinadora da Casa da Lectura é Bea Pereiro