OUTRAS ACTIVIDADES

 

Espazo Lectura tamén realiza outras actividades en relación co libro e a lectura. Por veces son actividades puntuais, autónomas e con características propias, e ás veces son complementarias dalgunha das nosas liñas programáticas regulares, como foi o caso da representación teatral de O merlo branco, a cargo Talía Teatro, espectáculo para todos os públicos que se celebrou no auditorio Lois Tobío de Gondomar no mes de abril (2008), como complemento da sesión do Club de lecturas compartidas Lendo Contigo, que se centrou nesa mesma obra de Cándido Pazó. Tamén celebramos actividades especiais para complementar a sesión de contacontos Contomar, como a actuación de Verónica Túñez e o espectáculo Canto conto, coa colaboración de rapaces do grupo Vichelocrego Teatro; as actuacións musicais de Golfiños ou de Migallas ou unha sesión de teatro lido que realizaron un grupo de nais e pais o Día Mundial do Teatro.

 

Espazo Lectura:

¿Que é Espazo Lectura?