.


CLUB LECTURAS DEBUXADAS

Data: Terceiro martes de cada mes
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca Municipal de Gondomar
Coordinadores: Félix Rodriguez e Óscar Fernández


Espazo Lectura puxo en marcha este club de lectura desde o convencemento de que a linguaxe do cómic, é dicir, a da lectura en imaxes, é unha das máis relevantes da cultura contemporánea.
O coordinador propón un cómic mensual e as persoas asistentes reúnense para comentalo e interpretalo. As reunións realízanse o terceiro martes de cada mes ás 20 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Os coordinadores son Félix Rodríguez e Óscar Fernández (podes contactar con Félix no 668.871.036 ou a través do correo electrónico clublecturasdebuxadas@espazolectura.org). Se pensas que o cómic non é só para nen@s e que se poden contar boas historias desde o cómic, vén e descubre a linguaxe da lectura en imaxes. Recibe moitos nomes: banda deseñada ou debuxada, tebeo, historieta, novela gráfica... Definida como a "narrativa gráfica secuencial", o cómic é xa a novena arte por dereito propio. Queremos descubrir esta linguaxe tan interesante lendo un cómic unha vez ao mes para comentalo despois entre tod@s. 

A primeira sesión celebrouse en decembro de 2008, con A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado. Entre os autores galegos que pasaron polo Club de Lecturas Debuxadas ao longo destes anos para charlar ou comentar as súas obras cos asistentes están Jacobo Fernández, Kiko da Silva, David Rubín, Manel Cráneo, Ramón e José Manuel Trigo, Manolo López (a través de videoconferencia), Dani Montero, Brais Rodríguez ou Tokio.

Información sobre Espazo Lectura