EXPOLECTURAS

 

A través da sección Expolecturas, Espazo Lectura artella e organiza exposicións que teñen que ver co ámbito da lectura, do libro ou do fomento da lectura, ou ben vehiculiza e xestiona exposicións organizadas por institucións ou outras entidades, promovendo visitas dos centros de ensino ás mesmas e organizando nelas sesións de contacontos.
A última exposición xestionada por Espazo Lectura para o Val Miñor foi IMAXINOQO, que procuraba unha nova forma de mirar as imaxes dos libros de OQO e incorporaba o propio libro como obxecto da exposición. 

Na actualidade Espazo Lectura traballa na organización de varias exposicións propias que posteriormente poidan circular polos centros de ensino ou entidades que as soliciten.

Información sobre Espazo Lectura