OFICINA DE FORMACIÓN

 

A Oficina de Formación é unha inciativa de Espazo Lectura para actuar de xeito transversal na mellora de todas as actividades da asociación, así como na formación especializada en fomento da lectura das persoas que as dirixen ou que participan na súa organización. Tamén proporciona información ás familias e asociados e asociadas sobre a importancia da lectura na sociedade actual. 

A Oficina de Formación facilita información sobre fomento da lectura e as súas tendencias e actualidade, sobre a existencia de  encontros, iniciativas, etc; e ao mesmo tempo xestiona a participación en xornadas de formación dos membros de Espazo Lectura, e tamén organiza encontros e xornadas para a mellora das iniciativas e actividades, como, por exemplo, apoio técnico ás nais e pais que contan nas sesións do Contomar.  Unha das actividades permanentes que dependen da Oficina de Formación é o Club de Formación Lectora.


 Información sobre Espazo Lectura