CLUB DE LECTURA SETE VIDAS


Data: primeiro martes de cada mes.
Lugar: Biblioteca Municipal de Gondomar
Coordinadores: Bieito Legaspi e Marisú Garrido

O Club de lectura Sete Vidas é unha inciativa que Espazo Lectura puxo en marcha en outubro de 2008. Un grupo aberto e heteroxeneo de persoas ás que lles apetece ler reunense para ler un libro ao mes (novelas, relatos, etc) e comentalo despois sen ningún tipo de obrigas nin compromisos. As reunión celébranse o primeiro martes de cada mes ás 20 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. O libro co que se inciou a primeira sesión foi Así nacen as baleas, de Anxos Sumai (Editorial Galaxia). Durante o primeiro ano, o club de lectura non estivo guiado por un coodinador único senón por un equipo de coordinadores que se turnaban. Cada un deles propoñía o libro de lectura dese mes, o que garantiu diversidade de criterios e perspectivas. Na actualidade, o Club de Lectura Sete Vidas está coordinado por Bieito Legaspi e por Marisú Garrido.

Para participar non hai que ser un lector/a experimentado, soamente hai que gozar da lectura ou querer descubrir que a lectura nos abre as portas para vivir sete vidas e ter ganas de compartir esa experiencia cos demais membros do club. Para saber máis: diríxite a informacion@espazolectura.org

Información sobre Espazo Lectura