Casa da Lectura
Nogueira 8, Donas
36388 Gondomar
Actividades: Os mércores da Casa da Lectura, Noites Golfas, Contos en Cueiros, A fogueira dos versos, préstamo bibliotecario.
A Casa da Lectura é unha pequena biblioteca e un centro de actividades en torno ao libro e á lectura xestionado por Espazo Lectura e situado no ámbito rural e quere ser un espazo de promoción dos hábitos lectores
e a cultura do libro libro.
Inaugurada o 16 de maio de 2009. A orixe do proxecto está na transformación dunha pequena e antiga escola infantil en desuso, que foi rehabilitada grazas ao esforzo voluntario e desinteresado das persoas que colaboran coa asociación e asumiron a realización de todos os traballos de obra que a edificación requería.
En outubro de 2008, Espazo Lectura chegou a un acordo coa dirección do CEIP Souto-Donas, centro escolar do que depende a escola infantil en desuso e que na actualidade é unha entidade socia protectora da asociación, e co Concello de Gondomar, así como coa Consellería de Cultura, e puxo en marcha a recuperación dun espazo inutilizado, dotándoo para usos culturais e dando lugar a unha iniciativa que revertise no ben da comunidade. Por último, chegouse tamén a un acordo con catro editoriais galegas, que se fixeron socias protectoras de Espazo Lectura, e que nutren a biblioteca de novidades. As editorias son: Galaxia, Kalandraka, OQO, Xerais, Rodeira (Grupo Edebé), Patas de Peixe, Edicións do Cumio, Rinoceronte editora, Ir Indo, El Patito editorial, Baía Edicións.
Na Casa da Lectura lévanse a cabo diversas actividades como: Os mércores da Casa da Lectura, Noites Golfas, Contos en Cueiros, A fogueira dos versos e préstamo bibliotecario. A biblioteca da Casa da Lectura está integrada no proxecto Meiga e realiza préstamo bibliotecario aos seus usuarios.
A Casa da Lectura quere ser un espazo de promoción dos hábitos lectores e dinamización en torno ao libro, polo que todos os mércores pola tarde se realiza alí unha actividade de fomento da lectura, que complementa a sesión do Contomar, contacontos que a asociación Espazo Lectura leva a cabo todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar, fixando deste xeito unha programación estable que, partindo do asociacionismo, se singulariza pola súa dimensión e especialización.
Outro dos obxectivos da Casa da Lectura é servir de punto de encontro para todas as inciativas que teñan que ver co libro e coa lectura; así como constituírse en lugar de reunión para os grupos de traballo do ámbito do fomento da lectura.
Como chegar á Casa da Lectura