ACCIÓNS LECTORAS

 

As accións lectoras son actividades puntuais, organizadas por Espazo Lectura e que teñen lugar en diversos lugares, coa finalidade de sensibilizar a cidadanía en torno á importancia da lectura, dos hábitos lectores e da adquisión dunha cultura lectura.

Unha das Accións Lectoras máis significativas realízase o Día do Libro (23 de abril) baixo o lema Dar de ler, coma quen dá de beber. Trátase dunha sesión de dúas horas de lecturas en voz alta con fragmentos de libros elixidos polos lectores e lectoras na Biblioteca Municipal. Co listado dos títulos elixidos, Espazo Lectura elabora unha folla de libros recomendados.