CLUB DE FORMACIÓN LECTORA

Un club de lectura sobre a lectura

O Club de Formación Lectora é outra iniciativa da asociación Espazo Lectura. Chámase así un club de lectura no que os libros obxecto de debate teñen como tema a lectura, a animación lectora ou calquera outro tema directamente relacionado co libro e o seu ámbito (estratexias de fomento da lectura, librerías, bibliotecas, edición, talleres de lectura, etc). Esta nova iniciativa de Espazo Lectura está pensada para garantir a formación continua e a reciclaxe daquelas persoas vencelladas coa organización ou que traballan ou colaboran con ela. O libro inaugural deste Club de lectura, o elixido para a primeira sesión foi Coma unha novela, de Daniel Pennac, un dos libros máis fermosos e desmitificadores que se escribiron sobre a lectura. As sesións teñen lugar cada mes e medio, aproximadamente.