OS CUMPRECONTOS DO CONTOMAR

 

Os cumprecontos son unha actividade que realizamos no marco do Contomar.  Trátase da celebración con libros dos cumpreanos das nenas e nenos que asisten de xeito habitual ás sesións de contacontos organizados pola asociación Espazo Lectura. Para a celebración, sentamos o neno ou nena á beira da persoa que está a contar os contos, cantámoslle e, como acto central, contámoslle o seu conto favorito, aquel que o neno ou nena de cumpreanos elixa. Ao final, a nena ou neno recibe un agasallo de Espazo Lectura.

 INFORMACIÓN SOBRE O CONTOMAR