Espazo Lectura é unha organización non gubernamental fundadada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega.
Está ubicada en Gondomar, no Val Miñor, e organiza actividades sen ánimo de
lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo
iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como
referente de benestar social e coa consideración do libro como elemento
socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia
crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e
o ocio das persoas.
Para levar a cabo os seus fins, Espazo
Lectura mantén unha programación, tanto estable como conxuntural, en
relación cos cometidos que persegue, atendendo ao principio de que o
libro ou a lectura sexan o elemento nuclear e de referencia. As
populares sesións de contacontos coñecidas baixo o nome de Contomar son a actividade fundacional da asociación.
O
traballo de Espazo Lectura oriéntase basicamente en tres liñas
principais: a creación e animación de clubs de lectura, a divulgación e sensibilización, e a formación especializada en
fomento da lectura.
Xunta Directiva:
A Xunta Directiva de Espazo Lectura está formada polas seguintes persoas:
Presidenta: Concha Costas
Vicepresidenta: Anaír Rodríguez
Tesoureira: Mar García
Secretario: Juan Cruz
Vogal 1: Anxo Iglesias Marino
Vogal 2: Beatriz Pereiro
Vogal 3: Bieito Legaspi
Vogal 4: Rosana Estévez
Vogal 5: Fran Alonso
Vogal 6: Xosé Manuel Moo
Vogal 7: Luís Domínguez
Consello Operativo:
O Consello Operativo de Espazo Lectura está formado polos oito membros
da Xunta Directiva mais as seguintes persoas:
Beatriz Núñez
María Jesús Garrido
Actividades de Espazo Lectura:
- Casa da Lectura
- Contomar
- Cumprecontos
- Lendo Contigo, Club de lectura compartida
- Club de Formación Lectora
- Club de lectura Sete Vidas
- Club Lecturas Debuxadas
- Noite na biblioteca
- Accións Lectoras
- Bookcrossing
- Talleres de ilustración
- Expolecturas
- eL Publicacións
- Oficina de Formación
- Outras actividades
- Comunicación e prensa