A FOGUEIRA DOS VERSOS


Día
: noite do 23 ao 24 de xuño
Hora: 22 h.
Lugar: Casa da Lectura
Coordinadores: Xosé Manuel Moo e Xoán Cruz

Na noite do 23 ao 24 de xuño, Espazo Lectura celebra a noite de San Xoán na Casa da Lectura cunha actividade na que xuntaremos poesía, lume e contos: a fogueira dos versos.
A sesión, que toma prestado o nome dun poemario de Antonio García Teijeiro, comeza con música a partir das 22:00h. A partir desa hora dá comezo unha cea ao aire libre que se realiza coas aportacións gastronómicas dos asistentes, que se poñen en común.
Logo da cea, con música, comeza unha lectura de poemas arredor dun pequeno lume na que os asistentes que o desexen len versos de distintos autores/as. A continuación hai unha actuación dalgún narrador oral ou mago. Ao longo destes anos esta actuación estivo a cargo de Santi Prego, Cándido Pazó, Avelino González e o Mago Cali.